CAPÍTULO 2
BOSQUES : ENTRE AS GRANDES ALGAS

O ARGAZO (Saccorhiza polychides)
As grandes algas pardas abundan sobre as rochas a pouca profundidade e, entre elas, destaca o argazo, coa súa particular silueta. Este alga segue ciclos anuais e do esplendor do verán pasa á súa descomposición no inverno.
- Máis información sobre o argazo: AQUÍ
- Para saber máis cousas sobre as algas: AQUÍ

A PORREDANA (Symphodus melops)
Un poboador habitualmente discreto que é quen de mudar as súas cores ata semellar un peixe tropical.
- Máis información sobre a porredana: AQUÍ
- Para ver nun vídeo como constrúen os seus niños: AQUÍ

A CENTOLA (Maja brachydactyla)
A raíña da camuflaxe, no seu cacho podemos atopar case de todo, eso se a atopamos a ela antes....
- Máis información sobre a centola: AQUÍ

O PLUMEIRO DE MAR (Sabella spallanzanii)
Un dos vermes máis fermosos da ría, capaz de hipnotizarmos co vaivén do seu penacho na corrente.
- Máis información sobre o plumeiro de mar: AQUÍ
- Se queres ver a galería de fotos dos plumeiros: AQUÍ

O LORCHIÑO (Gobiusculus flavescens)
Os pequenos e hiperactivos lorchiños, sempre a choutos, forman grandes bancos que sobrevoan algas e plantas.
- Máis información sobre os lorchiños: AQUÍ
- Para ver nun vídeo como fan a posta nunha cuncha de mexillón: AQUÍ
