Hai tempo descubrimos o mundo que vive alén do azul e dende entón non podemos deixar de visitalo. Queremos amosarvos a vida submarina que se agocha apenas a uns poucos metros de profundidade de nós.
A riqueza dos fondos mariños de Galicia é unha gran descoñecida. Entender como se desenvolve a vida baixo o mar, o seu delicado e complexo equilibrio, é fundamental para poder coidala e gozar máis dela.
Convidámosvos a mergullar neste mundo diferente, para coñecer unha realidade paralela que sempre estivo aí, ao noso carón, alén do azul.
COÑÉCENOS MÁIS A FONDO