CAPÍTULO 3

arrecifes flotantES: as bateas

O MEXILLÓN (Mytilus galloprovincialis)

Nas rochas, peiraos ou bateas, estes coñecidos bivalvos amoréanse formando castelos de cunchas nos que protexerse ao tempo que serven de refuxio a numerosos animais.

- Máis información sobre mexillóns: AQUÍ

- Para ver máis vídeos das bateas: AQUÍ

A ESTRELA DE MAR ESPIÑENTA (Marthasterias glacialis)

Case sempre as atoparemos con cinco brazos, pero, ás veces, poden ser máis, ata oito, ou menos, se perden algún...

- Máis información sobre as estrelas de mar: AQUÍ

- Para saber máis dos equinodermos: AQUÍ

O MELGACHO (Scyliorhinus canicula)

Habitual na ría, adoita pasar o día tranquilamente deitado sobre os fondos, pero, se temos a sorte de velo nadar, decatarémonos de que posue a elegante natación dos tiburóns.

- Máis información sobre o melgacho: AQUÍ

- Para ver as diferenzas entre peixes óseos e cartilaxinosos: AQUÍ

O TAPACONAS (Zeugopterus punctatus)

Tapaconas, rapaconas, rapacús, rascón, rapapelos, tapacús, tapadeira... poucos animais teñen tantos nomes como este peixe plano que, a miúdo, pasa inadvertido.

- Máis información sobre o tapaconas: AQUÍ

- Para ver nun vídeo como nadan os peixes planos: AQUÍ

O ARROAZ (Tursiops truncatus)

É o golfiño máis abundante das Rías Baixas. Cando asoman a súas aletas na superficie, lémbrannos que hai todo un mundo de vida que non vemos baixo o mar .

- Máis información sobre o arroaz:  AQUÍ

CONTACTA CON NOSOTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

© 2020  -   13 GRADOS