CAPÍTULO 7

Chatarra submarina: os pecios

O LUMBRIGANTE (Homarus gamarus)

Este gran crustáceo azul de grandes tenaces adoita agocharse no fondo de grandes laños ou nos recunchos dos pecios, mais a presión pesqueira (tanto legal como furtiva) á que é sometido fai que cada vez sexa máis difícil de atopar.

- Máis información sobre o lumbrigante: AQUÍ

A FANECA (Trisopterus luscus)

Sempre forman grupos en lugares escuros e profundos, por iso os bancos afundidos son un dos seus recunchos favoritos.

- Máis información sobre as fanecas : AQUÍ

O CONGRO (Conger conger)

É o peixe máis grande da ría, unha sorte de serpe mariña que soamente abandona a súa gorida polas noites.

- Máis información sobre o congro: AQUÍ

- Para ver un vídeo acompañado dos seus escoltas, os camaróns: AQUÍ

A PIÑA DE MAR (Phallusia mammillata)

As ascidias viven filtrando a auga coma se fosen grandes depuradoras mariñas, aínda que tamén teñen un oco para acoller a pequenos invitados no seu interior. Pese a ser un animal moi descoñecido, está máis próximo a nós do que pensamos.

- Máis información sobre o piña de mar: AQUÍ

- Para saber máis cousas sobre as ascidias: AQUÍ

A XULIA (Coris julis)

Uns peixes esbeltos e de gran colorido pero tamén moi esquivos. Frecuentan os pecios e fondos rochosos con algas, onde forman pequenos grupos.

- Máis información sobre as xulias: AQUÍ

CONTACTA CON NOSOTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

© 2020  -   13 GRADOS