NUDIBRANQUIO

Si quieres acceder a los contenidos completos y conocer mejor la vida de los animales invertebrados con más imágenes e información, échale un vistazo a nuestra versión para ordenador.

peixes óseos
tiburóns
e raias
Mostrar más
CETÁCEOS
Mostrar más
ESPONXAS
BRIOZOOS
CNIDARIOS
VERMES
Mostrar más
EQUINODERMOS
crustáceos
MOLUSCOS
ASCIDIAS
Mostrar más
 

 ANIMAiS - INVERTEBRADOS - CNIDARIOS 

Grupo de animais mariños e carnívoros, tamén moi primitivo, que abarca unha grande variedade. De feito, son tan diversos que o único que teñen en común é que son urticantes. Nos seus tentáculos ou nos pólipos teñen unhas células chamadas cnidocitos, que se "disparan” inoculando substancias tóxicas para defenderse ante ameazas ou para capturar as súas presas, paralizándoas. É por iso o nome desta familia, xa que knidos significa estruga en grego.

cnidos webb.jpg

Os cnidocitos, a arma secreta destes animais, son cápsulas cun filamento oco enrolado en espiral que pode saír a gran velocidade se recibe o estímulo adecuado. Ten espiñas minúsculas e moitas veces tamén é pegañento, pero cada cnidocisto só se pode disparar unha vez, despois o animal deberá formar un novo. Estes mini-arpóns velenosos distribúense en gran número polos tentáculos e a zona da boca. O seu mecanismo de disparo é un dos procesos celulares máis rápidos coñecidos, dado que se descarga en milisegundos a unha velocidade que alcanza os 2 metros por segundo. 

Son animais con simetría radial, é dicir, os seus corpos medran en diferentes planos ou eixes, o  que lles permite relacionarse coa contorna en calquera dirección, algo que é especialmente útil cando se vive unido ao fondo.

 

Outra característica típica dos cnidarios é que moitos teñen unha dobre vida, adoptan formas moi diferentes durante o seu crecemento e, para iso, sofren unha metamorfose ao longo do ciclo de vida; mais tampouco nisto coinciden todos. O ciclo normal é que, despois dunha primeira fase unidos ao chan (como pólipos), se solten para teren unha vida libre en forma de medusa. 

ciclo de los cnidariob GAL.jpg

Na ría de Vigo abundan os cnidarios que manteñen unha forma de pólipos sésiles (unidos no substrato) ao longo de toda a súa vida, é dicir, sen transformarse en medusa. Estas formas de vida máis "domésticas" que decidiron establecerse nos nosos fondos son numerosas e variadas, distribúense competindo polo espazo xunto con esponxas, algas e briozoos. 

Son moitas as relacións de simbiose establecidas polos cnidarios. As anémonas, por exemplo, adoitan xuntarse a outras formas de vida que lles proporcionan movemento, como as cunchas dos ermitáns ou as algas grandes. Pero á súa vez son empregadas como protección por moitas outras formas de vida, como é o caso dos pequenos camaróns ou caranguexos araña. Mesmo hai especies, como a anemone común, que poden ter algas que viven no seu interior, unha relación particular na que a anémona proporciona un lugar seguro para vivir e as algas, a través da fotosíntese, enerxía gratis. 

Cangrexo araña baixo anemone
cangrejo araña anemona viridis

A maioría dos cnidarios aliméntanse de zooplancto (pequenos animais que viven suspendidos na columna de auga), aínda que as anémonas adoitan ser o suficientemente grandes como para capturar e comer peixes pequenos e outros invertebrados. Mais a cadea trófica continúa e os cnidarios tamén teñen depredadores, entre os que destacan as lesmas de mar e outros moluscos con cuncha. É normal que estes pequenos depredadores adquiran as cores rechamantes que teñen os cnidarios dos que se alimentan. 

Simnia spelta gorgonia leptogorgia sarmentosa
Simnia sobre gorgonia

O chanzo que ocupan na cadea trófica e as súas múltiples interaccións, especialmente como lugar de refuxio, reflicten a súa importancia a nivel ecolóxico dentro do equilibrio do ecosistema mariño. Se eliminamos os cnidarios da ecuación, alteramos a existencia doutras especies que dependen deles, de xeito que non só faltarían os alimentos de moitos moluscos, senón que deixarían de albergar numerosos e pequenos crustáceos que, á súa vez, serven de alimento a animais máis grandes coma o polbo. Ademais, algunhas especies, como as anémonas e as gorgonias, establecen grandes poboacións cunha alta densidade de individuos e dan lugar a micro-ecosistemas ao seu redor. 

Para facer máis simple a súa identificación e clasificación, falaremos dos catro grupos que veremos con máis frecuencia:

 

                                                                                           Hexacorais : anemones e corais cunca

                                                           ANTOZOOS           

                                                                                           Octocorais : gorgonias, corais brandos e plumas de mar

                  CNIDARIOS                   HIDROZOOS 

                                                           ESCIFOZOOS ou AUGAMARES 

- os HEXACORALARIOS ou anemones , probablemente os máis coñecidos e tamén os máis numerosos deste grupo. Só teñen unha fase de fixación ao chan e o seu corpo consiste nun "tronco" musculoso que se adhire ás rochas na parte inferior cun disco basal, e na parte superior ten o disco oral, con numerosos tentáculos urticantes dispostos arredor do boca. Este tronco ten moitas cámaras interiores que sempre están dispostas nun múltiplo de seis (por iso o nome de hexacoraliarios). Poden ser solitarios ou formar extensións de moitos exemplares.

- os OCTOCORALARIOS son tamén animais que viven unidos no substrato, pero dan lugar a formas ramificadas ou crecen como bulbos carnosos.

A característica definitiva deste grupo son os múltiples pólipos que aparecen en toda a superficie da estrutura. Estes pólipos son pequenos e rematan sempre con oito tentáculos de pluma (é por iso o nome de octocoraliarios). Son animais coloniais, cada pólipo é un ser independente pero conectado cos outros por un esqueleto común. Entón, cando vemos unha anémona estamos a ver a un animal, pero cando vemos unha gorgonia ou un cenoiro (octocoraliarios) vemos moitos animais unidos formando un todo. 

- os HIDROZOOS tamén son coloniais e teñen aspecto peludo. Adoitan ter unha fase de pólipo e outra de medusa, aínda que predomina a fase de pólipo; e normalmente buscan zonas iluminadas para crecer. O seu aspecto pode ser semellante ao dalgunhas algas e, sobre todo, ao dalgúns briozoos, aínda que algúns tamén se coñecen como fentos mariños, pola semellanza coas plumas. Xunto ás esponxas e os briozoos, son os animais que con máis abundancia cobren as rochas.

- os SCYFOZOOS ou augamares típicas, na súa fase adulta, como medusas libres, son máis fáciles de observar na praia que no mergullo, aínda que cada vez son máis escasas. O seu desenvolvemento segue no sentido contrario á maioría das especies mariñas (que despois dunha fase inicial de larva nadadora acaba volvendo ao fondo do mar para vivir como adulto unido ao fondo), xa que as súas larvas se fixan ao substrato para medrar como pólipos que darán lugar ás medusas adultas de vida libre.

 

HEXACORALARIOS - anEmonEs

Anemonia viridis
Actinothoe sphyrodeta
Anemonactis mazeli
Mostrar más

Atoparémolas con moita frecuencia nas rochas, tanto illadas como en grandes grupos e xeralmente en puntos pouco profundos (normalmente non superior a 20 metros).

É a anemone máis grande das que normalmente hai na ría. O seu tronco cilíndrico e ancho pode alcanzar os 10 cm. de alto e ten na parte superior seis coroas de tentáculos urticantes (uns 200) moi longos e apuntados, polo que non é doado ver o corpo da anémona. Haberá que agardar a que a corrente alce os tentáculos para ver o tronco e posibles poboadores agochados baixo eles.

Pequena, duns 2 ou 3 cm de diámetro, mais que pode acadar os 5 cm.

Do estreito corpo cilíndrico branco xorden uns 100 tentáculos da mesma cor, que contrasta co interior do disco cuxa cor vai do amarelo pálido ao laranxa intenso. Aínda que tamén é habitual atopar exemplares completamente brancos.

 

Os tentáculos son cónicos, máis fortes e anchos na base e afiándose nos extremos.

Actinothoe sphyrodeta anémona huevo frito
anémona común cnidario Anemonia viridis
anémona actinia cnidario actinothoe sphyrodeta
anémona común cnidario Anemonia viridis
Actinothoe sphyrodeta P2140146b.JPG

Tamén hai anémonas que viven na area. Teñen un tronco longo e forte que lles permite enterrarse para se ancorar nos fondos e desde aí agardar disimuladamente que pase unha vítima das súas poderosas fauces.

Unha das vítimas preferidas desta depredadora son os lorchos de area, pequenos peixes de fondo que adoitan vivir en grupos. Paga a pena esperar un rato observándoa, dado que non é raro que capture un peixe desprevido. En poucos segundos engulirao enteiro despois de paralizalo co seu veleno. 

Anemonactis mazeli P1270049b.JPG
Anemonactis mazeli
Anemonactis mazeli

Reprodúcese sexualmente, e resulta moi espectacular asistir ao acontecemento. 

Preséntase especialmente a partir dos 15 m, en puntos que teñen tramos de area preto de fondos rochosos, como Os cenoiros, Frapelo ou Cabo de Mar. 

Cando mostra a súa coroa ao contraerse para comer as presas, vese o seu debuxo característico de liñas brancas que van como raios dende a boca ata os tentáculos. Ao elevarse durante a liberación de gametos, tamén podemos apreciar o seu tronco alaranxado. 

É o caso desta anémona, cun tronco de 12 cm enterra na area e apenas asoma a súa coroa de 20 tentáculos, poucos, pero moi poderosos, coa que capturan peixes pequenos con moita facilidade.

É sinxela de identificar, ademais de aparecer na area e ser branca, os seus tentáculos teñen un característico estreitamento preto da punta. O que non é tan sinxelo é vela, dado que combina moi ben coas cores de fondo. Moitos exemplares presentan manchas alongadas escuras nos tentáculos que lles axudan aínda máis na súa camuflaxe. 

En superficies propicias, como, por exemplo, a abundante capa de mexillóns que cobre a parte mergullada do faro de Cabo de Mar. Tamén aparecen en pequenos grupos en paredes de rocha vertical e ocos, aínda que os exemplares están algo espallados e non se amorean como fan outras enémonas coloniais.

Podemos velas en Cabo de Mar, Frapelo, Illas Cíes ou no pecio Ivy. 

A miúdo atópanse como pequenos individuos illados, pero poden aparecer formando altas densidades (pois tal como fai a anémona común, reprodúcense por división lonxitudinal). 

A través do branco translúcido, podemos ver os filamentos de defensa que gardan no seu interior, chamados acontios. Cando se ven ameazadas, céibanos, podendo estendelos ata 3 ou 4 veces o seu tamaño en repouso, e cando entran en contacto co seu "inimigo" (xeralmente outras anémona coas que compiten polo espazo), a punta do acontio está solta e permanece fixada no opoñente, provocándolle a necrose.

Ao pecharse, repregando os tentáculos, o tronco adquire unha forma de cúpula e branca, con estrías lonxitudinais de cor ocre

É por iso que un grande número de animais como algúns camaróns (Periclimenes sagittifer), as nécoras ou o caranguexo araña (Inachus phalangium) buscan refuxio neste enredo.

 

Presente en todos os puntos da ría non moi profundos. Son especialmente abundantes en Viños (Illas Cíes) e Cabo Home, lugares onde podemos atopar extensións grandes e densas de exemplares destes cnidarios. 

Cos tentáculos estendidos poden alcanzar un diámetro de 30 cm. Abundan en zonas expostas ás correntes e a súa boca está situada no centro do disco superior do tronco, entre os aneis de tentáculos.

 

Adoita ser de cor branca ou verdosa e as puntas dos tentáculos poden ter coloracións case fosforito en tons rosados ou lilas. A cor verdosa e as rechamantes puntas de cores débense á presenza de algas unicelulares no interior (zooxantelas) coas que conviven en simbiose.

 

Normalmente se reproducen dividíndose lonxitudinalmente, polo que é común atopar extensións de moitos individuos xuntos. De feito, estas extensións numerosas adoitan acoller exemplares máis pequenos, menos tentáculos e unha cor agrisada; mentres que os exemplares que medran máis illados en rochas ou algas alcanzan un tamaño maior e cores máis vivas.

Tamén se poden reproducir sexualmente e poderemos atopar ás pequenas crías, ás veces de apenas medio centímetro sobre a zostera e algunhas algas verdes coma os ramallos. A pesar do seu tamaño, xa locen cores brillantes.

 

A diferenza doutras anémonas, non é capaz de retraer os seus tentáculos dentro do tronco. 

anemona cnidario tomate de mar Actinia equina

1/12

Aínda que poden aparecer en inmersións pouco profundas, o mellor lugar para observalas son as rochas da praia. Son de tamaño medio, duns 5 cm de diámetro e a mesma altura, aínda que poden alcanzar tamaños algo máis grandes.

É a anémona máis común en zonas  intermareales. Cando hai marea chea, ao quedar baixo a auga, estenden os seus tentáculos para coller partículas que lles serven de alimento. Coa marea libre, os tentáculos quedan ao descuberto e retráense, adquirindo a forma típica de tomate que lles dá nome. 

Vencelladas cos tomates do mar atopamos as anemones amorodo, que engaden pintas verdes sobre o vermello intenso. Tamén poden verse en rochas  intermareales.

Normalmente son algo máis grandes que os tomates, alcanzando os 8-10 cm de diámetro. Os tentáculos son de cor vermella uniforme, mentres que a columna presenta pequenas pintas sobre o fondo vermello. Aínda que o máis frecuente é que estas manchas sexan verdes, tamén poden ser amarelas ou azuis. 

anemona cnidario tomate de mar Actinia equina
Actinia fragacea anémona fresa

Alongada e entre 5 - 10 cm de alto. O seu corpo é rugoso, de cor crema e marrón ou  granate con franxas verticais mentres que os tentáculos (que chegan a 700!), son finos e curtos. Poden presentar moitas máis combinacións de diferentes cores (amarelos, rosados, brancos).

Os seus tentáculos teñen pequenas manchas espalladas, algunhas máis grandes e máis escuras, outras pequenas e de cor branca brillante. 

1/11

GALERÍA

Actinia equina
Actinia fragacea
Calliactis parasitica
Mostrar más
anemona cnidario fresa de mar Actinia fragacea
Actinia fragacea anémona fresa
Calliactis parasitica anémona de ermitaño
Calliactis parasitica P3160036b.JPG
Pagurus prideauxi con anémonas

Ademais de vivir nas cunchas dos caranguexos ermitáns (da especie Pagurus bernhardus, en concreto), tamén podemos atopalas en cunchas de bivalvos e, moi a miúdo, sobre as rochas.

 

Presente en case todos os puntos de mergullo, Cala do rei, Cabo de Mar, Illas Cíes... 

Poden botar fíos tóxicos, pegañentos e brancos, os acontios, tanto para inmobilizar as presas como para defenderse. 

A pesar do seu nome non é parasitaria. Aparece a miúdo en cunchas de caranguexo ermitán, pero a súa relación é de comensalismo. Mentres que a anémona afasta aos depredadores do caranguexo co seu poder urticante, estes proporciónanlle transporte para favorecer a súa alimentación.

Ás veces varias destas anémonas aparecen no mesmo ermitán. Son elas mesmas quen se prenden ás cunchas, sen a axuda do seu anfitrión. 

Durante moito tempo considerouse unha variante cromática do tomate de mar, pero nos anos 80, co avance das técnicas, demostrouse que eran diferentes especies por mor das súas diferenzas xenéticas e ecolóxicas. Ademais seguen diferentes pautas de distribución e crecemento. E tamén difiren na reprodución, xa que as estrugas de mar son ovíparas.

 

O mellor lugar para velos é a praia. Debemos buscar entre as rochas cando baixa a marea. 

Este é o motivo polo que, salvo que sexan clons da súa propia reprodución, non atoparemos outras anémonas ao seu redor. 

Como no caso dos tomates do mar, adoitan ter un anel de verrugas azuis na base dos tentáculos. Trátase dos acrorragos, que están cargados de nematocistes (células urticantes). Cando estas vesículas entran en contacto con anemones doutro clon ou doutra especie, inflan e alongan para "atacar" ao seu opoñente. Esta acción pode repetila varias veces e produce áreas de necrose na outra anemone. 

Como curiosidade salientamos que a súa reprodución é diferente á doutras anémonas. Non se dividen, a súa reprodución é sexual e interna e son vivíparas, cando as novas e pequenas anémonas maduraron, saen ao exterior completamente formadas pola boca da "anémona nai".

 

Ademais de nas praias, podemos atopalas a pouca profundidade nas Illas Cíes e Cabo Home. 

Ás veces atopámolas con manchas ou reberetes azuis que rodean a coroa de tentáculos (ver a anemone amorodo) ou a base do tronco. 

GALERÍA

É interesante velas cando están no límite da superficie da marea, xa que retraen e estenden os brazos dependendo de que a auga as cobra ou non.

 

Son de cor vermella intensa, ás veces tamén marróns (bastante frecuente tamén na zona intermareal), laranxas ou verdes e xeralmente só teñen unha cor uniforme, aínda que poden combinar dúas. 

Corynactis viridis
Caryophyllia smithii
Balanophyllia regia
Mostrar más

Semellan anemones, pero non o son, pertenten aos coralimorfos. Pequenos animais de entre 1 e 2 cm. de diámetro e 2 cm de alto, con tres aneis de tentáculos rematados en miniesferas (acrosferas).

 

Cada exemplar adoita ter varias cores, todas moi atractivas. Normalmente o corpo ten unha cor, os tentáculos outra e a acrosfera outra, pero sempre hai unha cor dominante, que pode variar da verde ou amarela á rosa, violeta ou vermella... 

Este pequeno animal que parece unha anémona é en realidade un coral duro, as súas paredes segregan carbonato cálcico que forma un esqueleto exterior (corallum), co que se pegan ás rochas, no canto de facelo cun pé carnoso, como fan as anémonas.

 

Cando non se está a alimentar ou cando se sente ameazada, agocha os seus tentáculos dentro desta "cuncha" para protexerse. 

Caryophyllia smithii P3240204b.JPG
anémona coral taza Caryophyllia smithii

Outro coral duro, desta volta tamén de 1 cm pero cunha rechamante e intensa cor laranxa na súa parte central. Dela parten 48 tentáculos translúcidos, adornados por pequenas marcas amarelas que semellan purpurina, pero en realidade son as súas células urticantes.

Os tentáculos carecen de esferas nos extremos, a diferenza do caravel, pero rematan cunha tonalidade amarela  brillante. 

anémona coral taza Balanophyllia regia
anémona coral taza Balanophyllia regia

1/30
Corynactis viridis anémonajoya
anémona coral taza Caryophyllia smithii

GALERÍA

anémona coral taza Balanophyllia regia

EXPANDIDO            -  RETRAÍDO

EXPANDIDO            -  RETRAÍDO

Este filamento está cargado de cnidocitos urticantes que usa para defenderse. Agóchase dentro do tronco e pode sacalo pola boca ou por uns buratos especiais na parede do corpo.

 

Presente en puntos pouco profundos, aínda que non tan abundante coma o caravel do mar. Punta Muxieiro ou Viños, nas Illas Cíes, ou Punta Subrido, en Cabo Home, son bos lugares para velos. 

O que comparte co caravel do mar é que este tamén é un coral solitario, aínda que poden aparecer varios exemplares a próximos, e que se poden repregar para ocultar os seus tentáculos na estrutura dura.

 

Neste exemplar pechado pódese ver un pequeno cordón enrolado, é o acontio. 

O seu colorido é fascinante, o interior branco está bordado por unha liña en zigzag doutra cor intensa e marcada, que logo segue coloreando o exterior cunha tonalidade máis clara. Poden ser laranxas, verdes, amarelos, rosados...

 

É o coral duro máis abundante na ría, aparece a pouca profundidade, en puntos de mergullo das Illas Cíes ou Cala do rei, e tamén en lugares máis profundos, como Os Cenoiros. 

É un coral solitario, aínda que ás veces poidamos atopar outros máis, espallados na mesma rocha. Poden medrar ata 3 cm, pero atoparémolos, case sempre, de 1 cm.

 

Polo bordo sobresaen os tentáculos, practicamente transparentes e coroados por unha pequena esfera branca

Baixo o seu atractivo aspecto agóchase unha grande depredadora. Os seus tentáculos teñen substancias tóxicas coas que atordan as presas, e logo as inxiren coa boca que teñen no disco central.

 

Normalmente atopámolas a pouca profundidade, en ocos e saíntes das rochas, e están presentes en moitos puntos de mergullo como Cabo de Mar ou as Illas Cíes, e especialmente abundantes cubrindo as rochas do baixo de Salgueirón. 

Cando están repregadas, en cambio, parecen verrugas de cores que adornan a superficie da rocha.

 

As anémonas xoia son hexacoraliarios coralimorfos, xa que, a pesar de ser unha estrutura branda, diferéncianse das verdadeiras anemones porque teñen exactamente a mesma anatomía interna que os corais duros dos arrecifes tropicais.

Aínda que cada xoia é un individuo independente, debido á súa reprodución por división lonxitudinal (primeiro a xoia estira e despois rompe pola metade para dar lugar a dúas novas xoias exactamente iguais), atópanse en grupos grandes e densos que cobren as rochas pintándoas de cor. Poden cubrir metros, especialmente en caras verticais, estendéndose como manchas de diferentes cores que non se mesturan entre si. O feito de que as cores non se mesturen débese a que cada clon dunha cor ocupa as súas áreas adxacentes. 

Urticina felina
Aulactinia verrucosa
Cerianthus membranaceus
Mostrar más

Coñecidos como ceriantos ou anemones de tubo, teñen algunhas características que as diferencian doutras anémonas.

 

O seu tronco é como unha bolsa que segrega substancias pegañentas para formar un tubo protector ao seu redor. Ese tubo rugoso, ancho e longo é o que vemos dende o exterior e pode alcanzar os 35 cm de alto, aínda que é normal que se alcen entre 10 e 15 cm

Outra anemone que vive na area, aínda que tamén pode crecer nas rochas, é a dalia do mar. De cores vistosas e intensas, que poden variar enormemente dun exemplar a outro, seguindo case sempre un padrón no que o disco adoita ser máis escuro que os tentáculos.

Os vermellos, verdes, grises, azuis, brancos, laranxas ou amarelos pódense combinar de diferentes xeitos nestes fermosos cnidarios. 

1/4

GALERÍA

É unha das anémonas que combina máis cores da ría e iso, aquí, é dicir moito. Con aproximadamente 6 cm de diámetro (moito máis pequena cando se atopa na zona intermareal) cobre unha gama moi ampla de cores.

O seu disco normalmente mostra a boca en verde co centro fucsia e ao seu redor diferentes tons de cor marrón, ocre, vermella ou verde o resto. 

Aulactinia verrucosa P3090367b.JPG

1/5

GALERÍA

anémona tubo cerianto pachycerianthus
Urticina felina anémona dalia
Pachycerianthus cerianto

Na parte superior ten dous aneis de tentáculos, un exterior con  tentáculos moi longos (ás veces alcanzan os 20 cm) e outro no interior con tentáculos de menor tamaño. En total teñen máis de 200 tentáculos e poden presentar coloracións moi variables, dende tons beixe ou ocres ata marróns, violetas e verdes intensos.

 

É solitario e pouco frecuente atopalo. Só temos visto algún exemplar en Os Cenoiros, Cabo do Mar e na zona de Salaillos. 

O tubo está ancorado a bastante profundidade e a parte soterrada pode medir ata un metro. A parte que queda ao descuberto está perforada por pequenos buratos que permiten a evacuación rápida de auga cando o animal se refuxia no seu interior.

 

A pesar destas enxeñarías, pode abandonar o seu tubo e establecerse noutro lugar construíndo un novo. 

Adoita suxeitarse ás rochas e un dos lugares máis comúns para atopala está nos puntos de encontro entre as rochas e a area.

Xeralmente aparece en puntos pouco profundos como Viños ou Punta Subrido, pero é posible atopar exemplares pequenos nas pozas  intermareal e tamén a maiores profundidades.

Os tentáculos, normalmente son máis de 48 (pero sempre en múltiplos de 6), de cor crema, con pequenas franxas e manchas grises ou verdosas.

A columna, que normalmente está enterrada, está cuberta por seis liñas lonxitudinais brancas entre as que hai filas de verrugas non pegañentas de cor gris ou rosa escuro. Estas son as que lle dan o seu nome, aínda que só poderemos aprecialas se a anémona recolle e retrae os seus tentáculos. 

A columna, que normalmente está enterrada, mostra verrugas grises dispersas e pegañentas.

 

Pode aparecer en lugares pouco profundos, como Viños, ou a máis de 15 m de distancia, en puntos como Frapelo.

Diferéncianse das outras anémonas porque os seus tentáculos son curtos e robustos. Case sempre amosan dúas cores, unha na base do tentáculo e outra na punta, pero tamén poden ter unha cor uniforme.

 

O mesmo ocorre co disco, pode ter unha cor uniforme pero case sempre un debuxo semellante a un sol (círculo do que saen os raios) de dúas cores alternas. 

Para ver máis fotos e tipos de anemones visita : VELENO NA PEL
diapositivas  de  anEmonEs
1/10
 

OCTOCoralarios 

Son tan abundantes como espectaculares. As gorgonias están suxeitas ás rochas nas zonas de corrente para poder filtrar as partículas que esta arrastra. A súa cor vai desde o morado pálido ata o vermello, sendo frecuente atopalas dun rosa intenso.

Crecen ramificándose nun só plano, coma un abano, formando múltiples brazos, e todo o seu corpo está cuberto de pequenos pólipos brancos que poden asomar ou ocultar no interior.

Leptogorgia sarmentosa
Eunicella verrucosa
Paramuricea grayi
Mostrar más
P5180028b.JPG

En Galicia hai diferentes tipos de gorgonias, aínda que menos abundantes que a morada. A gorgonia de verrugas é unha delas, e presenta unha cor branca.

Crece formando abanicos nun único plano, o que se observa moi ben nos exemplares grandes, ramificándose en varias pólas principais das que parten varias ramas secundarias máis curtas e cunha disposición máis "ordenada"  ca gorgonia morada

QUE PODEMOS ATOPAR NAS

GORGONIAS MORADAS?

Eunicella singularis gorgonia blanca
Eunicella verrucosa gorgonia blanca
Eunicella verrucosa gorgonia blanca

Pero as cores que poden mostrar os gorgonias da ría son aínda máis variadas. Tamén a partir dos 20 m. podemos atopar gorgonias amarelas. 
Esta especie vistosa tamén forma abanicos, aínda que máis libres, e adoita aparecer como exemplares illados. A característica máis salientable é a súa cor amarela intensa, aínda que tamén pode ter áreas de cor máis avermellada, e mesmo hai exemplares que son completamente fucsia. 

Paramuricea grayi gorgonia amarilla
Paramuricea grayi gorgonia amarilla

Verémolas, con sorte, en puntos que superen os 20 metros de profundidade, como As Raeiras ou o Banco de Melide. 

Pode alcanzar os 30 - 40 cm de ancho e os pólipos moi longos, dándolle un aspecto algo "peludo". 

Para atopar exemplares de gran tamaño teremos que mergullar a bastante profundidade, en lugares que acaden máis de 20 m, como As Raeiras ou o Banco de Melide, aínda que poden aparecer exemplares pequenos en puntos menos profundos, como Frapelo, Os Cenoiros ou Cabo de Mar. 

---------------------------------------------------

Outra especie de gorgonia branca que, ocasionalmente, podemos atopar en puntos de certa profundidade é a Eunicella gazela, que tamén forma abanicos nun só plano, pero que se diferencia doutras gorgonias brancas porque os pólipos teñen unha tonalidade marrón

Caracterízase polas verrugas das que emerxen os seus pólipos, que lle dan un aspecto máis robusto. 

Están presentes en todos os puntos de mergullo onde haxa rochas e corrente, sendo moi abundantes en As Raeiras, Cabo de Mar ou Os Cenoiros. Nestas áreas poden formar extensións cunha alta densidade de exemplares de gran tamaño. 

O seu crecemento é moi lento, entre 2 e 5 cm. ao ano, con todo poden alcanzar máis de medio metro de altura. Aínda que normalmente medran en rochas, é frecuente atopalas tamén nas caoirazas das centolas.

 

Nas súas flexibles ramas podemos atopar enroladas uns fíos brancos, son ovos de lesma de mar, a miúdo de Tritonia nilsodhneri, unha lesma moi pequenas que vive nas gorgonias e adopta a mesma cor que os pólipos, quedando perfectamente camuflada.

Os melgachos e os chocos tamén aproveitan a estrutura da gorgonia para enganchar os ovos e un molusco gasterópodo, a Simnia spelta, frecuenta as súas ramas para alimentarse. Para atopala é necesaria unha boa agudeza visual. 

---------------------------------------------------

E aínda podemos atopalas noutras cores. Recentemente, e como non, nas Raeiras tivemos a sorte de atopar un fermoso exemplar alaranxado, coas ramas finas e os pólipos en tons máis claros, case brancos. Aínda non temos unha identificación definitiva, pero podería ser a  Swiftia pallida.

Swiftia pallida gorgonia naranja
 

O cenoiro pertence ás plumas de mar e adoita vivir por baixo dos 12 metros en zonas areosas ou lamacentas, nunca nas rochas. 
Consta dun tubo laranxa carnoso, co extremo redondeado, do que saen múltiples pólipos transparentes de gran tamaño (entre 2 e 5 cm.) que ramifican na punta en oito tentáculos. 

É o coral brando máis abondoso da ría. Crece sobre as rochas con formas bulbosas semellantes a dedos. As agrupacións poden estenderse ata os 25 cm. sobre a rocha. 
A súa cor varía entre o laranxa e o amarelo pálido ou o branco, aínda que o máis común é atopalo laranxa

O dedo vermello é semellante á man de morto, tamén é un coral brando, aínda que os exemplares que atopamos na ría xeralmente son máis pequenos e  menos abundantes. 
Está composto por un ou varios dedos carnosos, menos cantidade que na man de morto, pero máis esveltos

dedo rojo coral blando cnidario alcyonium glomeratum
dedo rojo coral blando cnidario alcyonium glomeratum
dedo rojo coral blando cnidario alcyonium glomeratum
Veretillum cynomorium
Alcyonium digitatum
Alcyonium glomeratum
Mostrar más
zenoiro coral blando cnidario veretillum cynomorium
P1050136b.JPG
mano de muerto coral blando cnidario alcyonium digitatum
dedo rojo coral blando cnidario alcyonium glomeratum
zenoiro coral blando cnidario veretillum cynomorium
mano de muerto alcyonium digitatum
dedo rojo coral blando cnidario alcyonium glomeratum
cnidario coral blando coral estrella

Obsérvanse en puntos de mergullo algo máis profundos do normal, como As Raeiras e o Banco de Melide, lugares onde, ao non existir abuncia de animais de interese pesqueiro, os seus fondos non son tan castigados polas artes de pesca e están moi ben conservados. 
Nestes lugares atopamos exemplares de invertebrados que apenas aparecen en ningún outro lugar da ría. Son zonas máis profundas, comunidades de coralíxeno que acollen corais brandos, grandes briozoos e esponxas ben desenvolvidas, xunto a algas vermellas, exhibindo especies coma estes dedos, mans de morto, fentos de mar, gorgonias de diferentes cores, rosas do mar...

Aínda así, moi ocasionalmente os dedos pódense atopar noutros puntos pouco profundos (como os das fotos a continuación). 

Cando retrae os pólipos adquire unha textura verrugosa e quedan pequenas manchas amarelas no seu lugar. 

Caracterízanse pola intensa cor vermella da súa estrutura, da que xorden múltiples pólipos longos e brancos que cobren todo o seu corpo. A maiores profundidades fanse máis pálidas, semellando unha especie intermedia entre as man de morto e estes dedos vermellos.

Prefiren zonas con algo de corrente e poden vivir a pouca profundidade como nas Illas Cíes, Salgueirón ou Cala do rei, ou aparecen a maiores profundidades como en As Raeiras ou Cabo de Mar, onde son bastante comúns. 

No outono e inverno, os pólipos adoitan pasar retraídos longos períodos de tempo e a colonia faise máis branca e está cuberta de pequenas algas vermellas. 
Son animais moi lonxevos que poden vivir uns 25 anos.


Sobre eles podemos atopar, con moita paciencia e boa vista, diferentes moluscos que se alimentan destas "mans", a Simnia patula, a Tritonia plebeia e a Tritonia hombergii, son as máis frecuentes. 

Pero non sempre amosa os pólipos, de feito, poden permanecer ocultos durante semanas. 

Presenta pólipos brancos translúcidos en todo o seu corpo, que pode alcanzar un centímetro e darlle un aspecto peludo cando está estendido. Cada pólipo á súa vez ramifícase ao final, tendo un aspecto de flor (obsérvase moi ben cando os pólipos están a medio saír). 

Semellantes aos cenoiros, aínda que de cor máis pálida e cos pólipos aínda máis desenvolvidos, de feito, son un dos cnidarios cos maiores pólipos coñecidos.


Resulta excepcional atopalos a unhas profundidades duns 20 m aquí na ría, xa que normalmente medran entre 150 e 3500 m de profundidade.

Tamén é quen de liberarse e deixarse levar pola corrente ata atopar un lugar mellor para enterrarse e acomodarse de novo. 
Hai un punto de mergullo na costa norte da ría que alberga tantos exemplares e tan grandes (algúns alcanzan un metro de lonxitude) que se chama "Os Cenoiros". Pódense atopar noutros puntos como Salgueirón ou Cabo de Mar. 

-----------------------------------------------------

 

Na ría hai outros tipos de plumas de mar, normalmente en fondos lamacentos, aínda que, ocasionalmente, nos puntos nos que atopamos cenoiras do mar, podemos atoparnos con outros corais cun nome impronunciábel, o  Kophobelemnon stelliferum, tamén coñecidos como coral estrela.

A diferenza doutras plumas do mar que teñen os seus pólipos en dúas filas laterais, o cenoiro distribúeos por toda a superficie do corpo que non está enterrada. 


A parte inferior da columna (que se atopa baixo a area) non ten pólipos e funciona como un órgano para escavar. 
Normalmente medran entre 30 e 70 cm. e nalgunhas zonas forman comunidades de exemplares espallados na area que nos recordan un bosque.
A súa coloración laranxa, a súa forma e o feito de que estean enterrados no chan, déronlle o nome de cenoiro ou cenoria de mar. 
Aínda que o atopemos asomando na area, pode esconderse por debaixo dela, xa que ao expulsar a auga do seu interior reducen o seu tamaño a apenas 5 cm. 

os IRMÁNs pequeNos

Dentro dos octocoraliarios, hai outra categoría que debemos engadir ás

gorgonias, aos corais brandos e ás plumas de mar, os  estoloníferos.

                                               CoraIs brandos : mans de morto, dedos vermellos,...

                                             

                                               Gorgonias  

     OCTOCORAIS ---

                                               Plumas de mar  : cenoiros, plumas esbeltas, penátulas...

                                               Estoloníferos  

 

 

 

 

Os estoloníferos adoitan pasar desapercibidos polo seu pequeno tamaño, pero abundan na ría. Semellan pequenas anémonas con poucos tentáculos, pero se nos fixamos un pouco máis, veremos que estes tentáculos son só oito e que teñen pequenas ramificacións. De maneira que son moi semellantes aos pólipos doutros octocoraliarios, como os da cenoira do mar ou os da man de morto. 

Son animais coloniais e cada pólipo individual crece a partir dun estolón común, que normalmente é alongado e tubular. Pero son moi pequenos, entre medio centímetro e dous centímetros, e xeralmente semitransparentes, polo que non é doado notar a súa presenza. Hai diferentes especies que poden variar en tamaño ou cor, pero a súa distinción é moi difícil a simple vista. 
 

GALERÍA

 

hidrozoos

Coñecida polo seu aspecto de plumas de cor marrón dourado medran uns 10 cm. de alto e 2 de ancho.

Forman pequenos arbustos que poden estenderse e ocupar grandes espazos nas superficies horizontais das rochas. 

Gymnangium montagui
Nemertesia antennina
Obelia geniculata
Mostrar más

A barba de mar é outro hidrozoo con aparencia de planta. Os talos, que nacen paralelos formando espigas, non se ramifican.

 

É habitual  que mostren unha coloración amarelenta, algo máis pálida que outras barbas ramificadas. 

É moi abundante e crece sobre as láminas de grandes algas pardas (Laminaria hiperborea e Saccorhiza polyschides) dándolles un aspecto peludo. Na parte final do ciclo das laminarias (comezo do outono), normalmente estas algas  están cubertas completamente con este hidrozoo e outros briozoos incrustantes. 

barba de mar cnidario hidrozoo Nemertesia antennina
P2140008.JPG
helecho de mar hidrozoo Gymnangium montagui
Nemertesia ramosa hidrozoo barba marina
hidrozoo cnidario pelo laminariaObelia geniculata
Antenella secundaria hidrozoo

Os pólipos crecen só por un lado da rama e normalmente hai moitas ramas que medran xuntas  ofrecendo un aspecto de ramallo. 
Na foto vemos exemplares deste hidrozoo cubrindo completamente o esqueleto dunha gorgonia xunto con esponxas e algas vermellas. 
Cando as gorgonias morren, o seu esqueleto permanece unido ao fondo e a forma tridimensional mais a súa orientación para aproveitar a corrente mariña fan dela unha estrutura ideal que aproveitan outros organismos como hidrozoos, algas ou briozoos.

Distínguese doutros hidrozoos similares porque os finos talos que se erguen da rede de estolóns medran en zigzag e non se ramifican.


Atopámolo en calquera punto onde haxa laminariais. Especialmente abundante en A Furna, Bondaña ou Cala do rei. 

-------------------------------------------------------

Son moitos os hidrozoos que medran como unha capa peluda sobre rochas, algas ou outros organismos. Un exemplo similar ao "pelo da laminaria" é a  Antennella secundaria. Crece coma delgados e longos talos brancos sen ramificar, pero que medran en liña recta (en lugar de facelo en  zigzag). 

De cor entre alaranxada e amarelada, poden alcanzar máis de 30 cm de alto. Medran nas rochas formando ramos e, curiosamente, a miúdo están rodeados de gorgonias.

 

Ambas as variantes de barba mariña pódense atopar en lugares como as Illas Cíes, Salgueirón ou Cabo de Mar.

Cando se atopan na época de cría amosan unhas cápsulas ovais nas que gardan as gónadas (gonoteca), estas sitúanse no ángulo formado polo talo central e as ramificacións.

 

As gonotecas teñen diferentes cores, amarela nos exemplares femia e branca nos machos. 

 

-------------------------------------------------------

Existe unha variante moi semellante,  a Nemertesia ramosa, que é practicamente a igual, agás no feito de que se ramifica.

Forma pólas verticais que se dividen desigualmente en diferentes direccións e das que emerxen filas paralelas de barbas. Estas barbas están cubertas por unha capa protectora de quitina. 

Durante a reprodución tamén pode presentar esporas protectoras pegadas ao nervio central, aínda que estas sexan máis grandes que nas plumas.

Crecen nas rochas e outros substratos duros a partir dos 10 m, aínda que podemos atopalos a menos profundidade en puntos como A Furna. 

 

Hai outra variante moi semellante, a Aglaophenia pluma, que medra formando ramos en espiral arredor das algas pardaS do carballo de mar (Halidrys siliquosa)

As plumas da colonia crecen paralelas e móvense dun lado a outro segundo a corrente. Do nervio central saen dúas fileiras lonxitudinais de múltiples filamentos, nos que se atopan os pólipos (visibles só con macro). Cando se reproducen, as pequenas cápsulas brancas dos ovos pódense ver pegadas ao longo dese nervio. Aparecen normalmente a partir dos 10 m e abundan en As Raeiras. 

-------------------------------------------------------

Moi semellante ao anterior, aínda que con aspecto máis delicado é o  fento amarelo o Aglaophenia tubulifera.

Adoita ser máis pequeno (aproximadamente 4 cm de alto e 1 de ancho), de cor máis amarelenta e ten as "pólas" máis separadas entre si. 

peixes óseos
tiburóns
e raias
Mostrar más
CETÁCEOS
Mostrar más
ESPONXAS
BRIOZOOS
CNIDARIOS
VERMES
Mostrar más
EQUINODERMOS
crustáceos
MOLUSCOS
ASCIDIAS
Mostrar más

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o su uso non autorizado.

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS