top of page

INTERMAREAL

AO TEU CARÓN, NA PRAIA

A zona intermareal é a parte da costa que queda ao descuberto cando baixa a marea, formando pozas entre as rochas, e cobre de novo cando a marea volve subir.

UNHA CIDADE NUNHA FOCHANCA

A pesar da dureza de habitar nun lugar que unha parte do día está inundado de auga salgada e a outra parte queda exposto ao sol, a diversidade de animais que atopamos vivindo aquí é enorme. Anémonas, mexillóns, lapas, ourizos ou algas son algúns dos seus habitantes máis comúns.

PRAIA OU PISCINA

Unha estratexia útil para vivir nun ambiente tan cambiante é a mobilidade. Caramuxos, vermes ou caranguexos quererán dar un baño nas pozas coa marea baixa. Os pequenos peixes e os camaróns mesmo poden saltar dunha poza a outra para atopar un lugar máis agradable.

MAREAS VIVAS

A forza das mareas vivas trae consigo visitantes pouco comúns que se suman á cor da vida que habita na fina liña que separa o mar e a terra.

Intermareal
Play Video

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page