top of page
P9030153b_edited.jpg

13 Grados

Entidade colaboradora do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

ES_CETS logo_transp.png

CARTA EUROPEA DE TURISMO SOSTIBLE (CETS)

13 Grados - General_page-0002.jpg

QUE É A CETS?

A Carta Europea de Turismo Sostible (CETS) é unha iniciativa da Federación EUROPARC que ten como obxectivo global promover o desenvolvemento do turismo en chave de sostibilidade nos espazos naturais protexidos de Europa. A CETS é un método e un compromiso voluntario para aplicar os principios do turismo sostible, orientando aos xestores dos espazos naturais protexidos e ás empresas para definir as súas estratexias de xeito participado.

QUE APORTA A CETS?

Ferramentas para os espazos naturais e as empresas turísticas

QUE BUSCAMOS ACREDITÁNDONOS NA CETS?

- Facer piña con todas aquelas entidades que tamén traballan neste espazo natural e que apostan por unha maneira de facer turismo diferente e responsable, na que o coñecemento e a conservación da natureza sexa un objectivo principal. 

- Reafirmar o noso compromiso cunha xestión interna máis xusta e sostible cos espazos protexidos

- Apostar por ferramentas que favorezan e impulsen un turismo responsable

PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA (PNIAG)

P2230127.JPG
P9030272.JPG

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (PNIAG) é un conxunto de pequenos arquipélagos situados nas Rías Baixas: Illas Cíes, Illa de Ons, Sálvora e Cortegada conforman este Parque Nacional Marítimo-Terrestre no que máis do 85% é territorio somerxido.

Máis alá das fermosas praias, das espectaculares vistas dos seus miradoiros ou dos roteiros que percorren as illas amosando as súas particulares paisaxes, o verdadeiro tesouro deste parque está baixo o mar. As Illas Atlánticas congregan a gran variedade de paisaxes submarinas e biodiversidade mariña que caracteriza á costa galega en moi pouco espazo. O gran valor natural, ecolóxico e biolóxico que engloba o seu medio mariño merece unha visita a fondo coa que coñecer a súa beleza e riqueza, pero tamén que este achegamento se realice dende o respecto e a conservación.

ACCIONES REALIZADAS EN EL PARQUE NACIONAL DENTRO DEL MARCO DE LA CETS EN 2024

SAFARIS DE SNORKEL

Somerxémonos nas Illas Cíes para vivir en primeira persoa o mundo que esconden as súas augas cunha ruta guiada de snorkel. Previamente facemos unha introducción na que presentar a localización que imos visitar, coñecemos a vida mariña que poderemos ver, aprendemos a identificala e a facer un snorkel respectuoso co medio. 

PA071673.05.jpg
P7285606_edited.jpg

Actividade “Experiencias inmersivas 360º nas Illas Atlánticas”

En colaboración con TAKO COOP. e AMORADA

- IMG-20241218-WA0020 - copia_edited.jpg

Actividade "Hai que se mollar - Descubrindo a vida mariña da praia

en Ons"

En colaboración con AMORADA

GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS NO MEDIO MARIÑO

Con esta guía resumimos algunhas das pautas recomendadas para realizar unha visita respectuosa ao medio mariño. Se practicas mergullo ou snorkel e queres sumarte coas túas accións á conservación da biodiversidade mariña, aquí atoparás algunhas reflexións sobre o noso impacto baixo o mar que poden axudarte a conseguilo.

GUÍA BOAS PRÁCTICAS.jpg
Presentación sin título (2).jpg

Exposición fotográfica “A cara oculta das Illas Atlánticas”

En colaboración con AMORADA

PA232635 - copia.JPG

Ponencia: Herramientas tecnológicas inmersivas de apoyo a la interpretación

VII CONGRESO DE ECOTURISMO

03-foto-2 rec.jpg

Ponencia: Experiencias inmersivas submarinas.

Buceando sin mojarnos

III SEMINARIO DE REEDUCAMAR

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page