CAPÍTULO 6
OS BAIXOS FONDOS : ROCHAS A MÁIS DE 20 METROS
A CLIONA AMARELA (Cliona celata)
É unha esponxa grande, abundante e amarela, polo que ten tódalas rifas para que a atopemos en calquera das paisaxes nas que mergullemos, sempre que teña rochas nas que asentarse.
- Máis información sobre o cliona: AQUÍ
- Para saber máis cousas das esponxas: AQUÍ
A GORGONIA (Leptogorgia sarmentosa)
Este fermoso abano de mar adorna moitos dos fondos da ría coas súas cores moradas e rosas. Pero a súa función vai máis alá do decorativo, xa que é quen de acoller multitude de formas de vida nas súas ramas.
- Máis información sobre a gorgonia: AQUÍ
- Para saber máis cousas dos corais da ría: AQUÍ
O SANMARTIÑO (Zeus faber)
Un peixe con crista que semella desaparecer cando nos mira de fronte. Este esquivo e solitario morador non se prodiga nas súas visitas, pero velo é todo un espectáculo.
- Máis información sobre o sanmartiño: AQUÍ
A ROSA DE MAR (Pentapora fascialis)
É o representante máis grande e fermoso dos briozoos na ría. Unha sorte de estrutura caprichosa formada por miles de minúsculos animáis que xuntos forman estas esculturas.
- Máis información sobre a rosa de mar: AQUÍ
- Para saber máis cousas dos briozoos: AQUÍ