top of page

CAPÍTULO 2

BOSQUES : ENTRE AS GRANDES ALGAS

QR CAPITULO 2 - 2024
Play Video

O ARGAZO (Saccorhiza polychides)

As grandes algas pardas abundan sobre as rochas a pouca profundidade e, entre elas, destaca o argazo, coa súa particular silueta. Este alga segue ciclos anuais e do esplendor do verán pasa á súa descomposición no inverno.

- Máis información sobre o argazo: AQUÍ

- Para saber máis cousas sobre as algas: AQUÍ

A PORREDANA (Symphodus melops)

Un poboador habitualmente discreto que é quen de mudar as súas cores ata semellar un peixe tropical.

- Máis información sobre a porredana: AQUÍ

- Para ver nun vídeo como constrúen os seus niños: AQUÍ

A CENTOLA (Maja brachydactyla)

A raíña da camuflaxe, no seu cacho podemos atopar case de todo, eso se a atopamos a ela antes....

- Máis información sobre a centola: AQUÍ

O PLUMEIRO DE MAR (Sabella spallanzanii)

Un dos vermes máis fermosos da ría, capaz de hipnotizarmos co vaivén do seu penacho na corrente.

- Máis información sobre o plumeiro de mar: AQUÍ

- Se queres ver a galería de fotos dos plumeiros: AQUÍ

O LORCHIÑO  (Gobiusculus flavescens)

Os pequenos e hiperactivos lorchiños, sempre a choutos, forman grandes bancos que sobrevoan algas e plantas.

- Máis información sobre os lorchiños: AQUÍ

- Para ver nun vídeo como fan a posta nunha cuncha de mexillón: AQUÍ

A ALGA ARPÓN (Asparagopsis armata)

Chegada dende os antípodas foi quen de conquistar o mundo, pero a súa presenza é unha ameaza para a biodiversidade local.

- Máis información sobre a alga arpón: AQUÍ

- Para saber máis cousas sobre as algas vermellas: AQUÍ

bottom of page