top of page

VÍVEO e CóNTAO

Do mesmo xeito que con todo o demais, non hai mellor forma de coñecer algo que experimentalo por ti mesmo. Só tes que levar unhas lentes/tubo de mergullo e somerxerte nas augas de calquera praia. Sorprenderaste de todo o que podes atopar. 

Pero se queres gozar plenamente da experiencia de mergullarte no mar, sentir a gravidade cero no teu corpo, descubrir o que é respirar baixo o auga rodeado de vida que se move arredor de ti. Anímate a mergullar.

Non é necesario que curses ningunha titulación, podes probar a experiencia de visitar este mundo paralelo optando por un "bautismo de mergullo" no que, despois dalgunhas indicacións, somerxeraste directamente noutro planeta. Por suposto, recomendamos probar o snorkel antes de ter un primeiro contacto co mar.

O fondo mariño da Ría de Vigo alberga unha riqueza difícil de imaxinar se non a visitas. A cidade ten varios centros de mergullo. Nós sempre mergullamos con CIESUB.

Desde que contactamos con eles en 2015 xa non buscamos máis. Grandes profesionais, moi experimentados, que levan toda a vida mergullando e, ademais son xente boa e divertida, non podemos pedir máis.

Se queres contactar con eleshttp://www.ciesub.com/index.html

bottom of page