top of page

CAMPOS DE MAERL

As algas que querían ser corais

Baixo o difícil nome de maerl agóchanse varias especies de algas vermellas calcáreas abondosas nas nosas augas. A diferencia da imaxe típica, semellante á das plantas, que temos destas formas de vida, estas algas teñen un aspecto moi diferente: son duras e crean estruturas ramificadas que se asemellan máis aos corais. Outra peculiaridade destas algas é que viven libremente nos fondos de area, sen necesidade de aferrarse ás rochas ou outras superficies duras, de xeito que as súas extensións forman grosas alfombras de cor rosado.

Ademais da importancia como especie característica da paisaxe submarina gallega, o maerl cumpre importantes funcións, como albergar unha enorme cantidade de vida asociada ou contribuir a frear a acidificación dos mares.

CAMPOS DE MAERL
CAMPOS DE MAERL
01:15
Play Video

CAMPOS DE MAERL

13 GRADOS

Cada alga ou rodolito é esculpida pola erosión do roce co fondo que provocan as correntes, dando lugar a pezas únicas. O seu crecemento é moi lento pero son formas de vida lonxevas. 

Cando morren adquiren unha tonalidade branca. Polo xaral, nas capas grosas de maerl, as algas brancas xa mortas sitúanse na parte inferior, mentres na capa máis superficial están as algas vivas de cor rosáceo.

A area é un tipo de fondo en constante movemento e cambio, o que afecta tamén ao maerl. É bastante habitual atopalo formando ripples ou zonas de acumulación que son movidas pola corrente e o mar de fondo.

Un dos valores máis importantes dos campos de maerl é a gran cantidade de vida asociada. Son, sobre todo, as pequeñas formas de vida as que atopan neste hábitat un lugar ideal para pasar desapercibidas dos depredadores. Un claro exemplo son os pequenos peixes pictos (Pomatoschistus pictus), tamén moi abondosos nos fondos de area, que se camuflan á perfección.

Non faltan tampouco os cefalópodos, polbos e chocos frecuentan a miúdo estas paisaxes na procura de presas.

Tamén as formas de vida sésil (que viven suxeitas ao sustrato) son habituais, como as pequenas anemones coloniais da fotografía.

Algunhas especies de lesmas de mar tamén atopan nos campos de maerl un bo lugar para buscar alimento.

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page