XARDÍNS DE ALGAS
Nun país multicolor
Se hai unha palabra que define o aspecto dos fondos pouco profundos na costa galega esa é: algas. As algas son as raíñas dos fondos rochosos dende a zona intermareal ata, aproximadamente, os 20 metros de profundidade. Crean paisaxes de gran beleza, pero non menos importantes son as súas funcións no medio mariño: serven de alimento e refuxio de diferentes formas de vida, crean osíxeno, captan dióxido de carbono, frenan o impacto do mar sobre a zona costeira...
En Galicia contamos cunhas 600 especies de algas de diferentes formas, cores e tamaños, polo que as densas coberturas que crean, especialmente en primavera e no verán, orixinan paisaxes cheas de cores e vida que podemos desfrutar tanto a través do mergullo como da práctica do snorkel.
LOS JARDINES DE ALGAS







Overán é a mellor época para desfrutar destes lugares, xa que acadan o seu esplendor en canto a colorido e variedade. Isto sdebese aos ciclos e fases vitais das algas, que varían a súa aparencia en función da momento do ano, convertíndose así nun signo que reflicte o paso das estacións baixo o mar.
Estes xardíns son un dos lugares que máis elixen os budións para facer os seus niños. Estes peixes recolectan pequenos trozos de algas e cunchas para dar forma a elaborados niños (moi similares aos que realizan as aves) que camuflan nas zonas de algas.
A pesar de que as algas divídense en vermellas, verdes e pardas, son moitas máis as cores que poden amosar. Algunhas locen unha intensa cor azul grazas a iridiscencias, como la Chondria coerulescens da foto. Esta pequena alga faise especialmente visible no verán como se fosen pequenos brotes de céspede azul sobre as rochas.
Tamén na costa galega temos presentes algas invasoras. Estas especies alóctonas expándense con rapidez e transforman as zonas nas que a variedade de algas crea xardíns en "monocultivos" onde só atopamos á especie invasora. O sargazo xaponés ou a alga arpón (na foto) son os exemplos máis claros destes procesos de pérdida de biodiversidade.
Moitas formas de vida de pequeno tamaño establécense sobre as algas. É o caso das lesmas de mar como ea da foto ou de diferentes tipos de caramuxos.
Tamén son zonas frecuentadas por diferentes tipos de peixes, polbos, centolas... na procura de alimento. Un dos peixes que máis habitualmente atopamos paseando nestes xardíns é a maragota.
As coberturas de algas sobre as rochas chegan a ser tan mestas, que non é estraño que cando visitamos estes lugares non se poda ver nin un centímetro da pedra, soamente a vida que a envolve.
Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.