PECIOS
Hábitats por accidente
A bravura do Atlántico e unha costa accidentada como a galega fan que estas costas sexan a tumba de moitos barcos que agora descansan sobre o fondo mariño. Estes restos somerxidos, que adoitan degradarse con rapidez debido á forza do mar, non só son testemuñas mudos dunha historia desafortunada, tamén se converten en arrecifes improvisados onde a vida ábrese paso.
Visitar os pecios é como asistir a un museo vivente onde as chapas oxidadas locen gorgonias e anemones como unha segunda pel, ou as trapelas comunican con espazos agora habitados por congros e lumbrigantes.
PECIOS







A silueta a contraluz do perfil do barco afundido é o primeiro contacto visual con estes restos submarinos. Unha imaxe impactante que reflicte á perfección a forza do mar.
Os espazos, agora ao descuberto, do interior dos pecios convírtense co paso do tempo nunha lembranza lonxana do que un día foi o fogar da súa tripulación.
Os bordos das chapas oxidadas son bos lugares para atopar vida interesante de pequeno tamaño e non adoitan faltar as lesmas de mar ou as planarias.
Os congros son un dos habitantes máis habituais nos barcos afundidos, aínda que lumbrigantes, centolas e polbos tampouco perden a oportunidade de atopar refugio e alimento nestes particulares lugares.
A súa ubicación como unha estrutura que sobresae no fondo non só atrae a presenza de moita vida, tamén actúa como un accidente no que moito do lixo mariño engánchase deixando a pegada do noso impacto actual na contaminación do océano.
O Achondo probablemente sexa o pecio máis visitado na ría de Vigo e un dos poucos que conserva todavía unha estrutura recoñecible. 38 metros de eslora pousados sobre o costado de babor deste pesqueiro vasco naufragado no 1986 (foto de Joserra do 1987).
Pola súa historia e misterio, os pecios son un dos puntos máis atractivos de visitar para as personas que mergullan e ofrecen a posibilidade de curiosear en cada un dos seus recunchos.
Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.