PUNTOS DE

MERGULLO

CaLES SON OS PUNTOS DE MERGULLO MÁiS VISITADOS?

A disposición xeográfica das Rías Baixas convérteas en zonas resgardadas dos temporais do inverno, algo que aínda é máis notorio na ría de Vigo ao dispor das Illas Cíes como parapeto. Isto permite que podamos desfrutar do mergullo durante todo o ano e que podamos ser testemuñas do paso das estacións baixo o mar.

Aínda que existen interesantes puntos de mergullo no interior da ría, a maioría concéntranse na liña de costa ou nas súas proximidades. Unha franxa entre 1 -20 m que acolle unha enorme variedade de vida.

Dividimos a ría en costa norte, sur e Illas Cíes. Premendo sobre cada zona poderedes acceder a información sobre os puntos de mergullo que alí atopamos e somerxervos neles a través dos nosos vídeos.

 descobre ALGúnS... 

islas cíes

 

PAISAXES 

SUBMARINAS

Aínda que as Illas Cíes levan a fama, o certo é que hai moitos puntos de mergullo en toda a Ría igual de espectaculares. Tanto a costa norte como a sur teñen lugares de grande interese paisaxístico e biolóxico.
Hai fondos de rocha, fondos de area, pecios, bosques de algas ou pradarías de plantas mariñas, que fan da nosa ría un lugar tremendamente diverso e interesante para o mergullo.

Percorre o noso mapa para descubrilos.

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS