punta subrido - cabo home

É un punto costeiro situado na enseada de Barra, no extremo interior de Cabo Home, que permite, por un lado, seguir as rochas do litoral e, polo outro, explorar unha paisaxe moi diferente na extensión de area. O mergullo é sinxelo e pouco profundo, cun fondo de 5 a 7 m.
Na zona rochosa atopamos vida abundante e variada. As esponxas de todas as cores forman tapices rodeados de algas marróns, vermellas e verdes que "bailan" entre multitude de anémonas de diferentes tipos, especialmente anemonia viridis. Tamén están acompañados de espirógrafos e estrelas de mar.
O percorrido irregular da costa presenta múltiples recunchos entre as rochas nas que observar diferentes animais, sendo especialmente abundantes a nécora e o polbo. Atopamos moitos peixes de fondo, lorchiños, serráns. Tamén é posible ver peixes pipa ou escarapotes.
Na zona areosa non é raro atopar chocos, peixes planos e caranguexos ermitáns. 
Nadando preto da superficie hai moitos bancos de bolos e sargos.

Cabe destacar unha gran rocha no extremo sur da ruta que chama moito a atención polas súas cores, xa que está cuberta de esponxas laranxas, vermellas, lilas, azuis e amarelas, entre as que se salpican múltiples anémonas do tipo anemonia viridis na parte inferior e actinias brancas na parte superior. Todo isto acompañado de estrelas de diferentes cores e laminarias.

É un bo punto para facer snorkel.
 

as nosas fotos

MÁNDANOS as TUas fotos CON ALGO INTERESANTE QUe FOTOGRAFaches nESTE lugar e AS INCLUIREMOS 

as VoSAs

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS