PECIO AchONDO

É un dos pecios máis emblemáticos da ría, probablemente porque aínda conserva gran parte da súa estrutura e porque o seu gran tamaño é impresionante. Situado preto de Monteferro, cara á beira norte das illas Estelas, aparece deitado no seu lado de babor, a unha profundidade de 38 m. na parte máis baixa (popa). O Achondo era un pesqueiro vasco de 38 metros de eslora que afundiu na madrugada do 15 de maio de 1986, cando tentaba saír da ría pola entrada sur e topou co baixo de Os carallóns.

Debido á profundidade, é un mergullo curto no que é habitual ir pola parte de popa, a maior profundidade, para flanquear o barco e ir subindo. Durante o percorrido iremos recoñecendo diferentes partes que aínda se conservan, como a ponte, a polea para recoller a rede, o mastro da ponte e o mastro de proa ou os zapóns das bodegas.

Os restos de redes aínda enganchados e os grandes buratos do casco danlle un toque fantasmagórico nas verdes augas das profundidades. Pero a vida conseguiu medrar sobre os seus restos. Vermes tubícolas, esponxas, ascidias, gorgonias e pequenas anémonas esténdense nas chapas. Os recunchos ocultos dentro das adegas tamén serven de refuxio para congros, fanecas, centolas e lumbrigantes.

Como é lóxico, cada vez está máis deteriorado e perde máis partes, o que lle confire o valor engadido do efémero. Razón suficiente para non perder a oportunidade de visitalo.
 

as nosas fotos

MÁNDANOS as túas fotos CON ALGO INTERESANTE QUE fotografases neste lugar e AS INCLUIREMOS 

as VosAs

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS