top of page

CAPÍTULO 6

OS BAIXOS FONDOS : ROCHAS A MÁIS DE 20 METROS

QR CAPITULO 6 2
Play Video

A CLIONA AMARELA (Cliona celata)

É unha esponxa grande, abundante e amarela, polo que ten tódalas rifas para que a atopemos en calquera das paisaxes nas que mergullemos, sempre que teña rochas nas que asentarse.

- Máis información sobre o cliona: AQUÍ

- Para saber máis cousas das esponxas: AQUÍ

A GORGONIA (Leptogorgia sarmentosa)

Este fermoso abano de mar adorna moitos dos fondos da ría coas súas cores moradas e rosas. Pero a súa función vai máis alá do decorativo, xa que é quen de acoller multitude de formas de vida nas súas ramas.

- Máis información sobre a gorgonia: AQUÍ

- Para saber máis cousas dos corais da ría: AQUÍ

O SANMARTIÑO (Zeus faber)

Un peixe con crista que semella desaparecer cando nos mira de fronte. Este esquivo e solitario morador non se prodiga nas súas visitas, pero velo é todo un espectáculo.

- Máis información sobre o sanmartiño: AQUÍ

LESMA DE MAR AZUL (Felimare villafranca)

Coma tódolos nudibranquios, estes pequenos animais de vistosas cores son un dos obxetivos favoritos das fotógrafas submarinas.

- Máis información sobre as lesmas de mar : AQUÍ

- Para ver máis fotos das lesmas de mar que viven na ría : AQUÍ

A ROSA DE MAR (Pentapora fascialis)

É o representante máis grande e fermoso dos briozoos na ría. Unha sorte de estrutura caprichosa formada por miles de minúsculos animáis que xuntos forman estas esculturas.

- Máis información sobre a rosa de mar: AQUÍ

- Para saber máis cousas dos briozoos: AQUÍ

bottom of page