PUNTOS DE mergullO nAS IlLAS CÍES

As Illas Cíes son coñecidas en todo o mundo pola beleza das súas praias e paisaxes. Todos os veráns, milleiros de visitantes gozan dos seus areais, camiños e as fantásticas vistas que ofrecen dende a súa parte terrestre. Mais o que moitos non saben é que a parte mergullada destas illas esconde o seu segredo mellor gardado, unhas paisaxes e biodiversidade que incluso superan o que atopamos en terra.

Son moitos os lugares de mergullo que ofrecen, aínda que, quizais pola súa pouca profundidade e a protección que lles ofrece estar no lado interno das illas, Punta Pereiras, Viños e Punta Muxieiro son os lugares de mergullo máis visitados. A gran variedade de cores e vida que ofrecen atrae a moitos mergulladores, que cada vez máis, proceden de diferentes lugares de Europa.

Pero As Cíes son moito máis. Ocultan zonas de paredes verticais e puntos de maior profundidade na súa cara externa, como Forcados de fóra ou o Ruso, onde as augas verdes do interior da ría tornan dun azul intenso.
 

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS