top of page

Si quieres acceder a los contenidos completos y conocer mejor la vida de los animales invertebrados con más imágenes e información, échale un vistazo a nuestra versión para ordenador.

CNIDARIOS

 ANIMAIS  INVERTEBRADOS - CNIDARIOS 

CNIDARIOS

CNIDARIOS
ANÉMONAS, viajando en la corriente

ANÉMONAS, viajando en la corriente

02:19
Play Video
CORALES BLANDOS Y PLUMAS DE MAR

CORALES BLANDOS Y PLUMAS DE MAR

00:59
Play Video

Grupo de animais mariños e carnívoros, tamén moi primitivo, que abarca unha grande variedade. De feito, son tan diversos que o único que teñen en común é que son urticantes. Nos seus tentáculos ou nos pólipos teñen unhas células chamadas cnidocitos, que se "disparan” inoculando substancias tóxicas para defenderse ante ameazas ou para capturar as súas presas, paralizándoas. É por iso o nome desta familia, xa que knidos significa estruga en grego.

cnidos webb.jpg

Os cnidocitos, a arma secreta destes animais, son cápsulas cun filamento oco enrolado en espiral que pode saír a gran velocidade se recibe o estímulo adecuado. Ten espiñas minúsculas e moitas veces tamén é pegañento, pero cada cnidocisto só se pode disparar unha vez, despois o animal deberá formar un novo. Estes mini-arpóns velenosos distribúense en gran número polos tentáculos e a zona da boca. O seu mecanismo de disparo é un dos procesos celulares máis rápidos coñecidos, dado que se descarga en milisegundos a unha velocidade que alcanza os 2 metros por segundo. 

Son animais con simetría radial, é dicir, os seus corpos medran en diferentes planos ou eixes, o  que lles permite relacionarse coa contorna en calquera dirección, algo que é especialmente útil cando se vive unido ao fondo.

 

Outra característica típica dos cnidarios é que moitos teñen unha dobre vida, adoptan formas moi diferentes durante o seu crecemento e, para iso, sofren unha metamorfose ao longo do ciclo de vida; mais tampouco nisto coinciden todos. O ciclo normal é que, despois dunha primeira fase unidos ao chan (como pólipos), se solten para teren unha vida libre en forma de medusa. 

ciclo de los cnidariob GAL.jpg

Na ría de Vigo abundan os cnidarios que manteñen unha forma de pólipos sésiles (unidos no substrato) ao longo de toda a súa vida, é dicir, sen transformarse en medusa. Estas formas de vida máis "domésticas" que decidiron establecerse nos nosos fondos son numerosas e variadas, distribúense competindo polo espazo xunto con esponxas, algas e briozoos. 

Son moitas as relacións de simbiose establecidas polos cnidarios. As anémonas, por exemplo, adoitan xuntarse a outras formas de vida que lles proporcionan movemento, como as cunchas dos ermitáns ou as algas grandes. Pero á súa vez son empregadas como protección por moitas outras formas de vida, como é o caso dos pequenos camaróns ou caranguexos araña. Mesmo hai especies, como a anemone común, que poden ter algas que viven no seu interior, unha relación particular na que a anémona proporciona un lugar seguro para vivir e as algas, a través da fotosíntese, enerxía gratis. 

Cangrexo araña baixo anemone
cangrejo araña anemona viridis

A maioría dos cnidarios aliméntanse de zooplancto (pequenos animais que viven suspendidos na columna de auga), aínda que as anémonas adoitan ser o suficientemente grandes como para capturar e comer peixes pequenos e outros invertebrados. Mais a cadea trófica continúa e os cnidarios tamén teñen depredadores, entre os que destacan as lesmas de mar e outros moluscos con cuncha. É normal que estes pequenos depredadores adquiran as cores rechamantes que teñen os cnidarios dos que se alimentan. 

Simnia spelta gorgonia leptogorgia sarmentosa
Simnia sobre gorgonia

O chanzo que ocupan na cadea trófica e as súas múltiples interaccións, especialmente como lugar de refuxio, reflicten a súa importancia a nivel ecolóxico dentro do equilibrio do ecosistema mariño. Se eliminamos os cnidarios da ecuación, alteramos a existencia doutras especies que dependen deles, de xeito que non só faltarían os alimentos de moitos moluscos, senón que deixarían de albergar numerosos e pequenos crustáceos que, á súa vez, serven de alimento a animais máis grandes coma o polbo. Ademais, algunhas especies, como as anémonas e as gorgonias, establecen grandes poboacións cunha alta densidade de individuos e dan lugar a micro-ecosistemas ao seu redor. 

Para facer máis sinxela a súa identificación, poderíamos clasificalos do siguinte xeito:

 

                                                                                           Hexacorais : anemones, coralimorfos e corais cunca

                                                           ANTOZOOS           

                                                                                           Octocorais : gorgonias, corais brandos e plumas de mar

                                                                                           Ceriantos : tamén coñecidos como anemones tubo

                  CNIDARIOS                   HIDROZOOS: fentos de mar, velas de mar, sifonóforos

                                                           ESCIFOZOOS: augamares típicas

                                                           ESTAUROZOOS: augamares de fondo

                                                           CUBOZOOS: cubomedusas

                                                           MIXOZOOS: parasitos microscópicos de vermes, briozoos e peixes

- os Hexacoralarios (ANTOZOOS), probablemente os máis coñecidos e tamén os máis numerosos deste grupo. Só teñen unha fase de fixación ao chan e o seu corpo consiste nun "tronco" musculoso que se adhire ás rochas na parte inferior cun disco basal, e na parte superior ten o disco oral, con numerosos tentáculos urticantes dispostos arredor do boca. Este tronco ten moitas cámaras interiores que sempre están dispostas nun múltiplo de seis (por iso o nome de hexacoraliarios). Poden ser solitarios ou formar extensións de moitos exemplares.

anémona galicia

- os Octocoralarios (ANTOZOOS) son tamén animais que viven unidos no substrato, pero dan lugar a formas ramificadas ou crecen como bulbos carnosos.

A característica definitiva deste grupo son os múltiples pólipos que aparecen en toda a superficie da estrutura. Estes pólipos son pequenos e rematan sempre con oito tentáculos de pluma (é por iso o nome de octocoraliarios). Son animais coloniais, cada pólipo é un ser independente pero conectado cos outros por un esqueleto común. Entón, cando vemos unha anémona estamos a ver a un animal, pero cando vemos unha gorgonia ou un cenoiro (octocoraliarios) vemos moitos animais unidos formando un todo. 

gorgonia galicia

- os Ceriantos (ANTOZOOS), tamén coñecidos como anemones tubo, son moi semellantes a estas pero, habitualmente de maior tamaño e caracterízanse por dispoñer de dous tipos de tentáculos (que non poden retraer): os tentáculos orais, na parte interior do disco, que son de menor tamaño, e os tentáculos exteriores, máis longos e anchos, que rodean o disco.

Os ceriantos viven nos fondos areosos enterrando parte do corpo para ancorarse e crean so redor do coerpo un tubo protector no que acubillarse ante circunstancias adversas. Adoitan ser solitarios e de coloración variable.

cerianto galicia

- os HIDROZOOS tamén son coloniais e teñen aspecto peludo. Adoitan ter unha fase de pólipo e outra de medusa, aínda que predomina a fase de pólipo; e normalmente buscan zonas iluminadas para crecer. O seu aspecto pode ser semellante ao dalgunhas algas e, sobre todo, ao dalgúns briozoos, aínda que algúns tamén se coñecen como fentos mariños, pola semellanza coas plumas. Xunto ás esponxas e os briozoos, son os animais que con máis abundancia cobren as rochas.

Hidrozoo galicia

- os ESCIFOZOOS , na súa fase adulta, como medusas libres, son máis fáciles de observar na praia que no mergullo, aínda que cada vez son máis escasas. O seu desenvolvemento segue no sentido contrario á maioría das especies mariñas (que despois dunha fase inicial de larva nadadora acaba volvendo ao fondo do mar para vivir como adulto unido ao fondo), xa que as súas larvas se fixan ao substrato para medrar como pólipos que darán lugar ás medusas adultas de vida libre.

medusa galicia

- os ESTAUROZOOS , pequenos animais con forma de copa que viven fixos aos fondos mariños (tanto na fase de pólipo como na de augamar, que é a que vemos ao mergullar), especialmente nas algas. Son solitarias e seguen ciclos de vida anuais, sendo máis abondosas na primavera e o verán. 

medusa galicia
anémonas

HEXACORALARIOS 

Atoparémolas con moita frecuencia nas rochas, tanto illadas como en grandes grupos e xeralmente en puntos pouco profundos (normalmente non superior a 20 metros).

É a anemone máis grande das que normalmente hai na ría. O seu tronco cilíndrico e ancho pode alcanzar os 10 cm. de alto e ten na parte superior seis coroas de tentáculos urticantes (uns 200) moi longos e apuntados, polo que non é doado ver o corpo da anémona. Haberá que agardar a que a corrente alce os tentáculos para ver o tronco e posibles poboadores agochados baixo eles.

Pequena, duns 2 ou 3 cm de diámetro, mais que pode acadar os 5 cm.

Do estreito corpo cilíndrico branco xorden uns 100 tentáculos da mesma cor, que contrasta co interior do disco cuxa cor vai do amarelo pálido ao laranxa intenso. Aínda que tamén é habitual atopar exemplares completamente brancos.

 

Os tentáculos son cónicos, máis fortes e anchos na base e afiándose nos extremos.

Actinothoe sphyrodeta anémona huevo frito
anémona común cnidario Anemonia viridis
anémona actinia cnidario actinothoe sphyrodeta
anémona común cnidario Anemonia viridis
Actinothoe sphyrodeta P2140146b.JPG

Tamén hai anémonas que viven na area. Teñen un tronco longo e forte que lles permite enterrarse para se ancorar nos fondos e desde aí agardar disimuladamente que pase unha vítima das súas poderosas fauces.

Unha das vítimas preferidas desta depredadora son os lorchos de area, pequenos peixes de fondo que adoitan vivir en grupos. Paga a pena esperar un rato observándoa, dado que non é raro que capture un peixe desprevido. En poucos segundos engulirao enteiro despois de paralizalo co seu veleno. 

Anemonactis mazeli P1270049b.JPG
Anemonactis mazeli
Anemonactis mazeli

Reprodúcese sexualmente, e resulta moi espectacular asistir ao acontecemento. 

Preséntase especialmente a partir dos 15 m, en puntos que teñen tramos de area preto de fondos rochosos, como Os cenoiros, Frapelo ou Cabo de Mar. 

Cando mostra a súa coroa ao contraerse para comer as presas, vese o seu debuxo característico de liñas brancas que van como raios dende a boca ata os tentáculos. Ao elevarse durante a liberación de gametos, tamén podemos apreciar o seu tronco alaranxado. 

É o caso desta anémona, cun tronco de 12 cm enterra na area e apenas asoma a súa coroa de 20 tentáculos, poucos, pero moi poderosos, coa que capturan peixes pequenos con moita facilidade.

É sinxela de identificar, ademais de aparecer na area e ser branca, os seus tentáculos teñen un característico estreitamento preto da punta. O que non é tan sinxelo é vela, dado que combina moi ben coas cores de fondo. Moitos exemplares presentan manchas alongadas escuras nos tentáculos que lles axudan aínda máis na súa camuflaxe. 

En superficies propicias, como, por exemplo, a abundante capa de mexillóns que cobre a parte mergullada do faro de Cabo de Mar. Tamén aparecen en pequenos grupos en paredes de rocha vertical e ocos, aínda que os exemplares están algo espallados e non se amorean como fan outras enémonas coloniais.

Podemos velas en Cabo de Mar, Frapelo, Illas Cíes ou no pecio Ivy. 

A miúdo atópanse como pequenos individuos illados, pero poden aparecer formando altas densidades (pois tal como fai a anémona común, reprodúcense por división lonxitudinal). 

A través do branco translúcido, podemos ver os filamentos de defensa que gardan no seu interior, chamados acontios. Cando se ven ameazadas, céibanos, podendo estendelos ata 3 ou 4 veces o seu tamaño en repouso, e cando entran en contacto co seu "inimigo" (xeralmente outras anémona coas que compiten polo espazo), a punta do acontio está solta e permanece fixada no opoñente, provocándolle a necrose.

Ao pecharse, repregando os tentáculos, o tronco adquire unha forma de cúpula e branca, con estrías lonxitudinais de cor ocre

É por iso que un grande número de animais como algúns camaróns (Periclimenes sagittifer), as nécoras ou o caranguexo araña (Inachus phalangium) buscan refuxio neste enredo.

 

Presente en todos os puntos da ría non moi profundos. Son especialmente abundantes en Viños (Illas Cíes) e Cabo Home, lugares onde podemos atopar extensións grandes e densas de exemplares destes cnidarios. 

Cos tentáculos estendidos poden alcanzar un diámetro de 30 cm. Abundan en zonas expostas ás correntes e a súa boca está situada no centro do disco superior do tronco, entre os aneis de tentáculos.

 

Adoita ser de cor branca ou verdosa e as puntas dos tentáculos poden ter coloracións case fosforito en tons rosados ou lilas. A cor verdosa e as rechamantes puntas de cores débense á presenza de algas unicelulares no interior (zooxantelas) coas que conviven en simbiose.

 

Normalmente se reproducen dividíndose lonxitudinalmente, polo que é común atopar extensións de moitos individuos xuntos. De feito, estas extensións numerosas adoitan acoller exemplares máis pequenos, menos tentáculos e unha cor agrisada; mentres que os exemplares que medran máis illados en rochas ou algas alcanzan un tamaño maior e cores máis vivas.

Tamén se poden reproducir sexualmente e poderemos atopar ás pequenas crías, ás veces de apenas medio centímetro sobre a zostera e algunhas algas verdes coma os ramallos. A pesar do seu tamaño, xa locen cores brillantes.

 

A diferenza doutras anémonas, non é capaz de retraer os seus tentáculos dentro do tronco. 

tomates
anemona cnidario tomate de mar Actinia equina

Aínda que poden aparecer en inmersións pouco profundas, o mellor lugar para observalas son as rochas da praia. Son de tamaño medio, duns 5 cm de diámetro e a mesma altura, aínda que poden alcanzar tamaños algo máis grandes.

É a anémona máis común en zonas  intermareales. Cando hai marea chea, ao quedar baixo a auga, estenden os seus tentáculos para coller partículas que lles serven de alimento. Coa marea libre, os tentáculos quedan ao descuberto e retráense, adquirindo a forma típica de tomate que lles dá nome. 

Vencelladas cos tomates do mar atopamos as anemones amorodo, que engaden pintas verdes sobre o vermello intenso. Tamén poden verse en rochas  intermareales.

Normalmente son algo máis grandes que os tomates, alcanzando os 8-10 cm de diámetro. Os tentáculos son de cor vermella uniforme, mentres que a columna presenta pequenas pintas sobre o fondo vermello. Aínda que o máis frecuente é que estas manchas sexan verdes, tamén poden ser amarelas ou azuis. 

anemona cnidario tomate de mar Actinia equina
Actinia fragacea anémona fresa

É moi similar ao tomate de mar, mesmo pode presentar unha coloración vermella semellante, pero hai algúns trazos que nos axudarán a diferencialas, xa que a anemone de dúas cores ten:

- menor tamaño (4cm de diámetro e 6 de altura)

- disco oral (zona na que se sitúa a boca) máis amplo

- coloración máis escura no tronco ca no disco (especialmente claro)  e os tentáculos

- tentáculos lixeiramente translúcidos

- pode aparecer en grupos

GALERÍA

anemona cnidario fresa de mar Actinia fragacea
Actinia fragacea anémona fresa
Actinia equina - sifonoglifo  P4130397---.JPG
Calliactis parasitica P3160036b.JPG
P4130481.JPG

Coma os tomates e amorodos, viven suxeitas ás rochas, dende o intermareal a os 20 metros de profundidade. Poden aparecer solas, como os tomates ou formando pequenos grupos.

Só témola atopado en zonas de intermareal.

Tamén posúen acrórragos (verrugas baixo os tentáculos) azuis e sempre amosan unha fina líña azul rodeando a base do tronco, xusto onde aférrase ás rochas.

A reprodución é moi curiosa e lévase a cabo igual ca nos tomates de mar: son anemones con sexos separados que realizan fecundación interna e a través de ovos. Cando as larvas saen dos ovos, unha anemone adulta absorbeas para que permanezan no seu interior ata que desenvólvanse e saian finalmente ao exterior completamente formadas.

Presentan tonalidades de cor vermello, alaranxado ou marrón.

Durante moito tempo considerouse unha variante cromática do tomate de mar, pero nos anos 80, co avance das técnicas, demostrouse que eran diferentes especies por mor das súas diferenzas xenéticas e ecolóxicas. Ademais seguen diferentes pautas de distribución e crecemento. E tamén difiren na reprodución, xa que as estrugas de mar son ovíparas.

 

O mellor lugar para velos é a praia. Debemos buscar entre as rochas cando baixa a marea. 

Este é o motivo polo que, salvo que sexan clons da súa propia reprodución, non atoparemos outras anémonas ao seu redor. 

Como no caso dos tomates do mar, adoitan ter un anel de verrugas azuis na base dos tentáculos. Trátase dos acrorragos, que están cargados de nematocistes (células urticantes). Cando estas vesículas entran en contacto con anemones doutro clon ou doutra especie, inflan e alongan para "atacar" ao seu opoñente. Esta acción pode repetila varias veces e produce áreas de necrose na outra anemone. 

Como curiosidade salientamos que a súa reprodución é diferente á doutras anémonas. Non se dividen, a súa reprodución é sexual e interna e son vivíparas, cando as novas e pequenas anémonas maduraron, saen ao exterior completamente formadas pola boca da "anémona nai".

 

Ademais de nas praias, podemos atopalas a pouca profundidade nas Illas Cíes e Cabo Home. 

Ás veces atopámolas con manchas ou reberetes azuis que rodean a coroa de tentáculos (ver a anemone amorodo) ou a base do tronco. 

GALERÍA

É interesante velas cando están no límite da superficie da marea, xa que retraen e estenden os brazos dependendo de que a auga as cobra ou non.

 

Son de cor vermella intensa, ás veces tamén marróns (bastante frecuente tamén na zona intermareal), laranxas ou verdes e xeralmente só teñen unha cor uniforme, aínda que poden combinar dúas. 

a.mediterr 33.248.jpg
dalia verrugas y ermitañ

Outra anemone que vive na area, aínda que tamén pode crecer nas rochas, é a dalia do mar. De cores vistosas e intensas, que poden variar enormemente dun exemplar a outro, seguindo case sempre un padrón no que o disco adoita ser máis escuro que os tentáculos.

Os vermellos, verdes, grises, azuis, brancos, laranxas ou amarelos pódense combinar de diferentes xeitos nestes fermosos cnidarios. 

GALERÍA

É unha das anémonas que combina máis cores da ría e iso, aquí, é dicir moito. Con aproximadamente 6 cm de diámetro (moito máis pequena cando se atopa na zona intermareal) cobre unha gama moi ampla de cores.

O seu disco normalmente mostra a boca en verde co centro fucsia e ao seu redor diferentes tons de cor marrón, ocre, vermella ou verde o resto. 

Aulactinia verrucosa P3090367b.JPG

GALERÍA

Urticina felina anémona dalia

Adoita suxeitarse ás rochas e un dos lugares máis comúns para atopala está nos puntos de encontro entre as rochas e a area.

Xeralmente aparece en puntos pouco profundos como Viños ou Punta Subrido, pero é posible atopar exemplares pequenos nas pozas  intermareal e tamén a maiores profundidades.

Os tentáculos, normalmente son máis de 48 (pero sempre en múltiplos de 6), de cor crema, con pequenas franxas e manchas grises ou verdosas.

A columna, que normalmente está enterrada, está cuberta por seis liñas lonxitudinais brancas entre as que hai filas de verrugas non pegañentas de cor gris ou rosa escuro. Estas son as que lle dan o seu nome, aínda que só poderemos aprecialas se a anémona recolle e retrae os seus tentáculos. 

A columna, que normalmente está enterrada, mostra verrugas grises dispersas e pegañentas.

 

Pode aparecer en lugares pouco profundos, como Viños, ou a máis de 15 m de distancia, en puntos como Frapelo.

Diferéncianse das outras anémonas porque os seus tentáculos son curtos e robustos. Case sempre amosan dúas cores, unha na base do tentáculo e outra na punta, pero tamén poden ter unha cor uniforme.

 

O mesmo ocorre co disco, pode ter unha cor uniforme pero case sempre un debuxo semellante a un sol (círculo do que saen os raios) de dúas cores alternas. 

De forma alongada e uns 10 cm. de alto. O corpo é rugoso, de cor crema e marrón ou granate a franxas verticais mentres que os tentáculos, ¡que chegan a 700!, son finos e curtos. Aínda que, en realidade, poden presentan moitas máis combinacións de diferentes cores (amarelos, rosas, brancos).

Os tentáculos teñen pequenas manchas diseminadas, algunhas máis grandes e escuras, outras pequenas e de cor branco brillante.

GALERÍA

Pese ao nome non é parasitaria. A miúdo aparece sobre as cunchas de caranguexos ermitáns, pero a súa relación é de comensalismo. Mentres a anemone espanta aos depredadores dos caranguexos grazas ao seu poder urticante, estes proporcionanlles transporte para facilitar a alimentación.  En ocasións aparecen varias de estas anemones sobre un mesmo ermitán. Son elas mesmas as que se enganchan ás cunchas, sen axuda do hóspede.

Pagurus bernhardus P1222856.JPG

Ademais de vivir sobre os caparazones de caranguexos ermitáns (concretamente da especie Pagurus bernhardus), podemos tamén atopalas nas cunchas de bivalvos e, con moita frecuencia, sobre as rochas.

Poden expulsar fíos tóxicos, pegañentos e brancuzcos, os acontios, ben para inmovilizar presas ou  como defensa.

joya y corales taza

Semellan anemones, pero non o son, pertenten aos coralimorfos. Pequenos animais de entre 1 e 2 cm. de diámetro e 2 cm de alto, con tres aneis de tentáculos rematados en miniesferas (acrosferas).

 

Cada exemplar adoita ter varias cores, todas moi atractivas. Normalmente o corpo ten unha cor, os tentáculos outra e a acrosfera outra, pero sempre hai unha cor dominante, que pode variar da verde ou amarela á rosa, violeta ou vermella... 

Este pequeno animal que parece unha anémona é en realidade un coral duro, as súas paredes segregan carbonato cálcico que forma un esqueleto exterior (corallum), co que se pegan ás rochas, no canto de facelo cun pé carnoso, como fan as anémonas.

 

Cando non se está a alimentar ou cando se sente ameazada, agocha os seus tentáculos dentro desta "cuncha" para protexerse. 

Caryophyllia smithii P3240204b.JPG
anémona coral taza Caryophyllia smithii

Outro coral duro, desta volta tamén de 1 cm pero cunha rechamante e intensa cor laranxa na súa parte central. Dela parten 48 tentáculos translúcidos, adornados por pequenas marcas amarelas que semellan purpurina, pero en realidade son as súas células urticantes.

Os tentáculos carecen de esferas nos extremos, a diferenza do caravel, pero rematan cunha tonalidade amarela  brillante. 

anémona coral taza Balanophyllia regia
anémona coral taza Balanophyllia regia
Corynactis viridis anémonajoya
anémona coral taza Caryophyllia smithii

GALERÍA

anémona coral taza Balanophyllia regia

      EXPANDIDO            -        RETRAÍDO

        EXPANDIDO            -        RETRAÍDO

Este filamento está cargado de cnidocitos urticantes que usa para defenderse. Agóchase dentro do tronco e pode sacalo pola boca ou por uns buratos especiais na parede do corpo.

 

Presente en puntos pouco profundos, aínda que non tan abundante coma o caravel do mar. Punta Muxieiro ou Viños, nas Illas Cíes, ou Punta Subrido, en Cabo Home, son bos lugares para velos. 

O que comparte co caravel do mar é que este tamén é un coral solitario, aínda que poden aparecer varios exemplares a próximos, e que se poden repregar para ocultar os seus tentáculos na estrutura dura.

 

Neste exemplar pechado pódese ver un pequeno cordón enrolado, é o acontio. 

O seu colorido é fascinante, o interior branco está bordado por unha liña en zigzag doutra cor intensa e marcada, que logo segue coloreando o exterior cunha tonalidade máis clara. Poden ser laranxas, verdes, amarelos, rosados...

 

É o coral duro máis abundante na ría, aparece a pouca profundidade, en puntos de mergullo das Illas Cíes ou Cala do rei, e tamén en lugares máis profundos, como Os Cenoiros. 

É un coral solitario, aínda que ás veces poidamos atopar outros máis, espallados na mesma rocha. Poden medrar ata 3 cm, pero atoparémolos, case sempre, de 1 cm.

 

Polo bordo sobresaen os tentáculos, practicamente transparentes e coroados por unha pequena esfera branca

Baixo o seu atractivo aspecto agóchase unha grande depredadora. Os seus tentáculos teñen substancias tóxicas coas que atordan as presas, e logo as inxiren coa boca que teñen no disco central.

 

Normalmente atopámolas a pouca profundidade, en ocos e saíntes das rochas, e están presentes en moitos puntos de mergullo como Cabo de Mar ou as Illas Cíes, e especialmente abundantes cubrindo as rochas do baixo de Salgueirón. 

Cando están repregadas, en cambio, parecen verrugas de cores que adornan a superficie da rocha.

 

As anémonas xoia son hexacoraliarios coralimorfos, xa que, a pesar de ser unha estrutura branda, diferéncianse das verdadeiras anemones porque teñen exactamente a mesma anatomía interna que os corais duros dos arrecifes tropicais.

Aínda que cada xoia é un individuo independente, debido á súa reprodución por división lonxitudinal (primeiro a xoia estira e despois rompe pola metade para dar lugar a dúas novas xoias exactamente iguais), atópanse en grupos grandes e densos que cobren as rochas pintándoas de cor. Poden cubrir metros, especialmente en caras verticais, estendéndose como manchas de diferentes cores que non se mesturan entre si. O feito de que as cores non se mesturen débese a que cada clon dunha cor ocupa as súas áreas adxacentes. 

Para ver máis fotos e tipos de anemones visita : VELENO NA PEL
DIAPOSITIVAS DE ANÉMONAS
octocorales

OCTOCORALARIOS 

Son tan abundantes como espectaculares. As gorgonias están suxeitas ás rochas nas zonas de corrente para poder filtrar as partículas que esta arrastra. A súa cor vai desde o morado pálido ata o vermello, sendo frecuente atopalas dun rosa intenso.

Crecen ramificándose nun só plano, coma un abano, formando múltiples brazos, e todo o seu corpo está cuberto de pequenos pólipos brancos que poden asomar ou ocultar no interior.

P5180028b.JPG

En Galicia hai diferentes tipos de gorgonias, aínda que menos abundantes que a morada. A gorgonia de verrugas é unha delas, e presenta unha cor branca.

Crece formando abanicos nun único plano, o que se observa moi ben nos exemplares grandes, ramificándose en varias pólas principais das que parten varias ramas secundarias máis curtas e cunha disposición máis "ordenada"  ca gorgonia morada

QUE PODEMOS ATOPAR NAS
GORGONIAS MORADAS?

Eunicella gazella P3071584.JPG
Eunicella verrucosa gorgonia blanca
Eunicella verrucosa gorgonia blanca

Pero as cores que poden mostrar os gorgonias da ría son aínda máis variadas. Tamén a partir dos 20 m. podemos atopar gorgonias amarelas. 
Esta especie vistosa tamén forma abanicos, aínda que máis libres, e adoita aparecer como exemplares illados. A característica máis salientable é a súa cor amarela intensa, aínda que tamén pode ter áreas de cor máis avermellada, e mesmo hai exemplares que son completamente fucsia. 

Paramuricea grayi gorgonia amarilla
Paramuricea grayi gorgonia amarilla

Verémolas, con sorte, en puntos que superen os 20 metros de profundidade, como As Raeiras ou o Banco de Melide, en este último, mesmo, podemos atopar estensións ou xardíns con multitude de exemplares amarelos.

Pero ao igual ca gorgonia morada (Leptogorgia sarmentosa) pode amosar ocasionalmente outras cores, que van dende o vermello, alaranxado ou marrón ao amarelo, incluíndo combinacións de dous tonos no mesmo exemplar. Como mostra un exemplar vermello, encontrado a 24 metros de profundidade.

Pode alcanzar os 30 - 40 cm de ancho e os pólipos moi longos, dándolle un aspecto algo "peludo". 

Para atopar exemplares de gran tamaño teremos que mergullar a bastante profundidade, en lugares que acaden máis de 20 m, como As Raeiras ou o Banco de Melide, aínda que poden aparecer exemplares pequenos en puntos menos profundos, como Frapelo, Os Cenoiros ou Cabo de Mar. 

---------------------------------------------------

Outra especie de gorgonia branca que, ocasionalmente, podemos atopar en puntos de certa profundidade é a Eunicella gazela, que tamén forma abanicos nun só plano, pero que se diferencia doutras gorgonias brancas porque os pólipos teñen unha tonalidade marrón

Caracterízase polas verrugas das que emerxen os seus pólipos, que lle dan un aspecto máis robusto. 

Están presentes en todos os puntos de mergullo onde haxa rochas e corrente, sendo moi abundantes en As Raeiras, Cabo de Mar ou Os Cenoiros. Nestas áreas poden formar extensións cunha alta densidade de exemplares de gran tamaño. 

O seu crecemento é moi lento, entre 2 e 5 cm. ao ano, con todo poden alcanzar máis de medio metro de altura. Aínda que normalmente medran en rochas, é frecuente atopalas tamén nas caoirazas das centolas.

 

Nas súas flexibles ramas podemos atopar enroladas uns fíos brancos, son ovos de lesma de mar, a miúdo de Tritonia nilsodhneri, unha lesma moi pequenas que vive nas gorgonias e adopta a mesma cor que os pólipos, quedando perfectamente camuflada.

Os melgachos e os chocos tamén aproveitan a estrutura da gorgonia para enganchar os ovos e un molusco gasterópodo, a Simnia spelta, frecuenta as súas ramas para alimentarse. Para atopala é necesaria unha boa agudeza visual. 

Paramuricea grayi  - roja P1092831 rec tot.JPG
dedos y manos

É o coral brando máis abondoso da ría. Crece sobre as rochas con formas bulbosas semellantes a dedos. As agrupacións poden estenderse ata os 25 cm. sobre a rocha. 
A súa cor varía entre o laranxa e o amarelo pálido ou o branco, aínda que o máis común é atopalo laranxa

O dedo vermello é semellante á man de morto, tamén é un coral brando, aínda que os exemplares que atopamos na ría xeralmente son máis pequenos e  menos abundantes. 
Está composto por un ou varios dedos carnosos, menos cantidade que na man de morto, pero máis esveltos

dedo rojo coral blando cnidario alcyonium glomeratum
P8030363.JPG
dedo rojo coral blando cnidario alcyonium glomeratum
dedo rojo coral blando cnidario alcyonium glomeratum
dedos rojos 6.159.jpg
manos de muerto 6.038.jpg
P1050136b.JPG
mano de muerto coral blando cnidario alcyonium digitatum
P7101924.JPG
mano de muerto alcyonium digitatum
P7101930.JPG
P6270118.JPG

Observanse en puntos de mergullo algo máis profundos do habitual, onde podemos atopar exemplares de invertebrados que dificilmente aparecen en augas máis someras.

Son zonas que acllen corais brandos, grandes briozoos e esponxas bien desenvolvidas, exhibindo especies como estes dedos de mar, man de morto, fentos de mar, gorgonias de diferentes cores, rosas de mar...

Aínda así, moi ocasionalmente pódense encontrar noutros puntos pouco profundos 

Cando retrae os pólipos adquire unha textura verrugosa e quedan pequenas manchas amarelas no seu lugar. 

Caracterízanse pola intensa cor vermella da súa estrutura, da que xorden múltiples pólipos longos e brancos que cobren todo o seu corpo. A maiores profundidades fanse máis pálidas, semellando unha especie intermedia entre as man de morto e estes dedos vermellos.

No outono e inverno, os pólipos adoitan pasar retraídos longos períodos de tempo e a colonia faise máis branca e está cuberta de pequenas algas vermellas. 
Son animais moi lonxevos que poden vivir uns 25 anos.


Sobre eles podemos atopar, con moita paciencia e boa vista, diferentes moluscos que se alimentan destas "mans", a Simnia patula, a Tritonia plebeia e a Tritonia hombergii, son as máis frecuentes. 

Pero non sempre amosa os pólipos, de feito, poden permanecer ocultos durante semanas. 

Presenta pólipos brancos translúcidos en todo o seu corpo, que pode alcanzar un centímetro e darlle un aspecto peludo cando está estendido. Cada pólipo á súa vez ramifícase ao final, tendo un aspecto de flor (obsérvase moi ben cando os pólipos están a medio saír). 

P4101659.JPG
dedo rojo coral blando cnidario alcyonium glomeratum
P4101655.JPG

Máis difícil aínda é distinguir estes dedos dos anteriores. Tamén están formados por un ou varios dedos carnosos, pero con formas máis grandes, máis delgadas e menos ramificadas caos dedos vermellos. Ademais, non presentan unha coloración en vermello intenso, senón tons algo máis atenuados e alaranxados. Presentan unha gran variedade cromática.

Ao retraer os pólipos apréciase que a coloración é máis tenue ca nos dedos vermellos.

Os pólipos son transparentes e poden presentar tenues coloracións amarelentas ou averdelladas, outro trazo que nos axuda a diferencialo dos dedos vermellos. 

dedos de mar 6.661.jpg
P7101916 - copia.JPG
P9170029b.JPG

"Dúas veces ao día, a colonia elévase introducindo auga no interior, e desprega todos os pólipos alimentarios, podendo acadar neste momento ata 5 veces o seu volume habitual. Unha vez capturada unha determinada cantidade de alimento, expulsa a auga do interior, deshinchándose así a colonia  e retraíndo os pólipos no seu interior."

Cnidarios del litoral de Galicia - Jacinto Pérez Dieste y Bruno Almón Pazos

cenoiros 9.600.jpg
pluma portu 2.4.467.jpg
zenoiro coral blando cnidario veretillum cynomorium

Tamén é quen de liberarse e deixarse levar pola corrente ata atopar un lugar mellor no que enterrarse de novo e asentarse.

Hai dous puntos de mergullo na ría de Vigo que destacan por acoller unha enorme cantidade de exemplares de gran tamaño (algúns acadan o metro de lonxitude) un na costa norte que recibe o nome, precisamente, de "Os Cenoiros" e outro no PNIAG. Poden atoparse noutros puntos como as zonas de Salgueirón ou Cabo de mar.

O cenoiro pertence ás plumas de mar e adoita vivir por baixo dos 12 metros en zonas areosas ou lamacentas, nunca nas rochas. 
Consta dun tubo laranxa carnoso, co extremo redondeado, do que saen múltiples pólipos transparentes de gran tamaño (entre 2 e 5 cm.) que ramifican na punta en oito tentáculos. 

zenoiro coral blando cnidario veretillum cynomorium

A diferenza doutras plumas do mar que teñen os seus pólipos en dúas filas laterais, o cenoiro distribúeos por toda a superficie do corpo que non está enterrada. 


A parte inferior da columna (que se atopa baixo a area) non ten pólipos e funciona como un órgano para escavar. 
Normalmente medran entre 30 e 70 cm. e nalgunhas zonas forman comunidades de exemplares espallados na area que nos recordan un bosque.
A súa coloración laranxa, a súa forma e o feito de que estean enterrados no chan, déronlle o nome de cenoiro ou cenoria de mar. 
Aínda que o atopemos asomando na area, pode esconderse por debaixo dela, xa que ao expulsar a auga do seu interior reducen o seu tamaño a apenas 5 cm. 

Outra das plumas que podemos atopar ns aguas das rías é a portuguesa.

Posúe a típica forma de pluma de mar, cun tronco carnoso (en realidade é un pólipo que fai de eixo e que sosten ao resto da colonia) e dúas ringleiras laterais ou expansións de pólipos, que son máis longas na parte central.

P4153367.JPG

A diferenza dos cenoiros, é solitario e máis pequeno, acada os 20 cm. de lonxitude, pero tamén habita nos fondos brandos, especialmente de area fina ou fangosa.

De feito, é difícil atopalo, pero podemos probar sorte nas zonas nas que abundan os cenoiros.

Nas expansións laterais, ademais de pólipos, que poden ser transparentes ou agrisados, presentan espiñas brancas. Estas agullas calcáreas axudan a dar consistencia e rixidez á colonia, así como funcionar como mecanismo de defensa.

Fixase á area enterrando un pé carnoso ou pedúnculo con forma de bulbo e cor alaranxado, que non poderá verse dende o exterior.

Estes animais elixen zonas de corrente moderada para que, co abaneo do seu corpo, os pólipos poidan captar o alimento e filtralo. Cando isto sucede, móvense en vaivén, pero tamén xirando o corpo a dereita e esquerda.

Non son quen de retraer o corpo por completo, como fan os cenoiros, pero poden retraer os pólipos e deixar expostas as espiñas para defenderse.

OS IRMÁNS PEQUENOS

Dentro dos octocoraliarios, hai outra categoría que debemos engadir ás

gorgonias, aos corais brandos e ás plumas de mar, os  estoloníferos.

                                               CoraIs brandos : mans de morto, dedos vermellos,...

                                             

                                               Gorgonias  

     OCTOCORAIS ---

                                               Plumas de mar  : cenoiros, plumas esbeltas, penátulas...

                                               Estoloníferos  

 

 

 

 

Os estoloníferos adoitan pasar desapercibidos polo seu pequeno tamaño, pero abundan na ría. Semellan pequenas anémonas con poucos tentáculos, pero se nos fixamos un pouco máis, veremos que estes tentáculos son só oito e que teñen pequenas ramificacións. De maneira que son moi semellantes aos pólipos doutros octocoraliarios, como os da cenoira do mar ou os da man de morto. 

Son animais coloniais e cada pólipo individual crece a partir dun estolón común, que normalmente é alongado e tubular. Pero son moi pequenos, entre medio centímetro e dous centímetros, e xeralmente semitransparentes, polo que non é doado notar a súa presenza. Hai diferentes especies que poden variar en tamaño ou cor, pero a súa distinción é moi difícil a simple vista. 
 

GALERÍA

ceriantos

CERIANTOS 

cerianto1.57.795.bmp

Os ceriantos son coñecidos como anemones tubo, e presentan algunhas características que os diferencian das demais anemones:

O tronco é coma unha bolsa que segrega substancias pegañentas para formar un tubo protector ao redor. Ese tubo rugoso, ancho e longo, é o que vemos dende fóra, e pode chegar aos 35 cm de alto, aínda que o normal é que se eleven entre 10 e 15 cm. 

O tubo está ancorado a bastante profundidade, pudendo chegar a medir un metro a parte enterrada. A parte que queda ao descuberto está perforada por pequenos buracos que permiten a rápida evacuación da auga cuando o animal reprégase no seu interior.

A pesar de este despriegue de inxeniería, pode abandoar o tubo e establecerse notro lugar construíndo otro novo.

Na parte superior ten dous tipos de tentáculos, uns externos máis longos e grosos (en ocasiones acadan os 20 cm) e outros internos  de pequeno tamaño.

En total posúen máis de 200 tentáculos e poden presentar coloracións moi variables, dende tonos beige ou ocres a marróns, púrpuras e verdes intensos.

É solitario, mais é habitual que os caranguexos araña lle fagan compaña agochándose baixo os seus tentáculos exteriores.

anémona tubo cerianto pachycerianthus
Pachycerianthus P3201076.JPG
Pachycerianthus P3201073.JPG
Pachycerianthus P7171966.JPG
hidrozoo

HIDROZOOS

Coñecida polo seu aspecto de plumas de cor marrón dourado medran uns 10 cm. de alto e 2 de ancho.

Forman pequenos arbustos que poden estenderse e ocupar grandes espazos nas superficies horizontais das rochas. 

A barba de mar é outro hidrozoo con aparencia de planta. Os talos, que nacen paralelos formando espigas, non se ramifican.

 

É habitual  que mostren unha coloración amarelenta, algo máis pálida que outras barbas ramificadas. 

É moi abundante e crece sobre as láminas de grandes algas pardas (Laminaria hiperborea e Saccorhiza polyschides) dándolles un aspecto peludo. Na parte final do ciclo das laminarias (comezo do outono), normalmente estas algas  están cubertas completamente con este hidrozoo e outros briozoos incrustantes. 

barba de mar cnidario hidrozoo Nemertesia antennina
P2140008.JPG
helecho de mar hidrozoo Gymnangium montagui
Nemertesia ramosa hidrozoo barba marina
hidrozoo cnidario pelo laminariaObelia geniculata
Antenella secundaria hidrozoo

Os pólipos crecen só por un lado da rama e normalmente hai moitas ramas que medran xuntas  ofrecendo un aspecto de ramallo. 
Na foto vemos exemplares deste hidrozoo cubrindo completamente o esqueleto dunha gorgonia xunto con esponxas e algas vermellas. 
Cando as gorgonias morren, o seu esqueleto permanece unido ao fondo e a forma tridimensional mais a súa orientación para aproveitar a corrente mariña fan dela unha estrutura ideal que aproveitan outros organismos como hidrozoos, algas ou briozoos.

Distínguese doutros hidrozoos similares porque os finos talos que se erguen da rede de estolóns medran en zigzag e non se ramifican.


Atopámolo en calquera punto onde haxa laminariais. Especialmente abundante en A Furna, Bondaña ou Cala do rei. 

-------------------------------------------------------

Son moitos os hidrozoos que medran como unha capa peluda sobre rochas, algas ou outros organismos. Un exemplo similar ao "pelo da laminaria" é a  Antennella secundaria. Crece coma delgados e longos talos brancos sen ramificar, pero que medran en liña recta (en lugar de facelo en  zigzag). 

De cor entre alaranxada e amarelada, poden alcanzar máis de 30 cm de alto. Medran nas rochas formando ramos e, curiosamente, a miúdo están rodeados de gorgonias.

 

Ambas as variantes de barba mariña pódense atopar en lugares como as Illas Cíes, Salgueirón ou Cabo de Mar.

Cando se atopan na época de cría amosan unhas cápsulas ovais nas que gardan as gónadas (gonoteca), estas sitúanse no ángulo formado polo talo central e as ramificacións.

 

As gonotecas teñen diferentes cores, amarela nos exemplares femia e branca nos machos. 

 

-------------------------------------------------------

Existe unha variante moi semellante,  a Nemertesia ramosa, que é practicamente a igual, agás no feito de que se ramifica.

Forma pólas verticais que se dividen desigualmente en diferentes direccións e das que emerxen filas paralelas de barbas. Estas barbas están cubertas por unha capa protectora de quitina. 

Durante a reprodución tamén pode presentar esporas protectoras pegadas ao nervio central, aínda que estas sexan máis grandes que nas plumas.

Crecen nas rochas e outros substratos duros a partir dos 10 m, aínda que podemos atopalos a menos profundidade en puntos como A Furna. 

 

Hai outra variante moi semellante, a Aglaophenia pluma, que medra formando ramos en espiral arredor das algas pardaS do carballo de mar (Halidrys siliquosa)

As plumas da colonia crecen paralelas e móvense dun lado a outro segundo a corrente. Do nervio central saen dúas fileiras lonxitudinais de múltiples filamentos, nos que se atopan os pólipos (visibles só con macro). Cando se reproducen, as pequenas cápsulas brancas dos ovos pódense ver pegadas ao longo dese nervio. Aparecen normalmente a partir dos 10 m e abundan en As Raeiras. 

-------------------------------------------------------

Moi semellante ao anterior, aínda que con aspecto máis delicado é o  fento amarelo o Aglaophenia tubulifera.

Adoita ser máis pequeno (aproximadamente 4 cm de alto e 1 de ancho), de cor máis amarelenta e ten as "pólas" máis separadas entre si. 

FUN POLO AIRE, VIN POLO VENTO

Entre os hidrozoos tamén atopamos colonias formadas por individuos diferentes entre sí que cumpren funcións distintas no organismo que forman. Un exemplo é a vela de mar o Velella velella, a miúdo confundida cunha augamar polo seu aspecto, pero que, en realidade é un hidrozoo.

Este peculiar animal é quen de crear un flotador interno cartilaxinoso con pequenas cámaras de aire que lle permite vivir na superficie do mar. O máis curioso é que o seu ciclo vital acontece ao revés que nos demais cnidarios: a fase de medusa pasaa fixado ao fondo e as formas de vida flotantes que vemos son a súa fase pólipo.

Ademais da estrutura flotante dispón de individuos especializados na reprodución (gonozoides), individuos que se encargan da defensa e alimentación formando tentáculos urticantes (dactilozoides) e un individuo que forma a boca (gastrozoide).

As velas de mar viven flotando no océano, deixándose levar polos ventos ey correntes que as impulsan grazas a súa crista, o que, ás veces, provoca a súa chegada en grandes grupos á costa, quedando varadas na area e deixando soamente o flotador como recordo do seu paso por alí.

Durante o verán e o outono poderemos ver estas estruturas varadas nas praias. Se as atopas, presta atención, podes pensar que son plásticos, pero son estes flotadores, así que debemos deixarlos na praia e non recollelos por erro.

GALERÍA

VELELLA estruct-página001 (1).jpeg
escifomedusas

AUGAMARES "TÍPICAS"

medusa compas 0.0 bmp.bmp
rhizos 2.442.bmp

Estas augamares, que fai décadas chegaban en grandes congregacións no verán ao ser arrastradas polas correntes, son agora visitantes máis ocasionais na nosa costa. Son animais peláxicos, é dicir que, en troques de habitar nas proximidades do fondo mariño, o fan na columna de auga, máis próximos á superficie e polo xeral en zonas de maior profundidade, lonxe da franxa litoral.

A medusa compás caracterízase polas 16 líñas escuras que percorren como radios a parte exterior da umbrela (con forma de paraugas), aínda que estas non sempre son visibles.

medusa galicia

A umbrela pode chegar aos 30 cm de diámetro e do seu bordo parten 24 tentáculos filamentosos (8 cando son exemplares xuvenís) que poden acadar os 2 m de lonxitude. Na parte inferior sitúanse os 4 brazos, bastante grosos, con formas onduladas.

A súa coloración é variable, a miúdo rosada, pero tamén amarelenta o dun branco translúcido.

P6212327.JPG

Aínda que as picaduras son dolorosas, os xuvenís dalgunhas especies de peixes semellan inmunes a elas e adoitan refuxiarse ao amparo destas augamares como protección dos depredadores (nas amaxes vemos un pequeno banco de xurelos -Trachurus trachurus- xuvenís).

As imaxes corresponden ao único encontro que tivemos con esta especie durante o mergullo, no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

É unha medusa de gran tamaño, cuxa umbrela (paraugas) pode acadar os 50 cm de diámetro. De cor branco translúcido, o que permite ver ou intuir o seu interior e a parte final dos brazos cun ribete amarelo que destaca sobre o corpo translúcido.

Posúe 8 brazos, unidos lonxitudinalmente case ao completo, que rematan nun apéndice máis estreito.

Non debe confundirse coa Rhizostoma pulmo, que posúe unha franxa azul escura ou violácea que vai perfilando o bordo da umbrela.

medusa galicia

Nos brazos sitúanse os nematocistos (pequenos órganos que "disparan" substancias urticantes) e poden provocar picaduras dolorosas. Por este motivo e por respecto á vida mariña que atopamos cando visitamos o seu hábitat, non é aconsellable achegarse demasiado, nin tocar ou manipular esta ou outras medusas.

medusa galicia

Al igual que sucede con la medusa brújula, los juveniles de algunas especies de peces como Trachurus trachurus suelen refugiarse entre los brazos de estas medusas.

Su presencia en las rías es muy ocasional, también hemos tenido un único encuentro con esta especie durante el buceo, y también fue en el Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia (imágenes de Carlos Casas).

Esta medusa é máis discreta en tamaño, cunha umbrela (paraugas) transparente de uns 10 cm de diámetro, aínda que pode acadara os 17 cm, con tons rosáceos, máis ou menos intensos. Tanto a umbrela como os brazos están salpicados por manchas máis escuras (tamén urticantes).

Ten 8 tentáculos finos moi urticantes no bordo da umbrela, que poden chegar a medir varios metros de lonxitude. Na parte inferior colgan catro longos brazos co bordo ondulado (que adoitan ter maior lonxitude nos exemplares mediterráneos)

Pelagia noctiluca.jpg

Trátase dunha especie moi particular, xa que, a diferenza da maioría das medusas, non conta cunha fase de pólipo na que se fixa ao fondo (ver ciclo medusas), soamente reprodúcese sexualmente.

Outro aspecto moi especial é que pode producir bioluminiscencia, de xeito que nas observacións nocturnas podemos ver como brilla o seu corpo.

Pelagia noctiluca captura con buzo.JPG

A pesar de ser peláxica e vivir na parte máis superficial da columna de auga, pode chegar á costa en masa, como aconteceu durante o verán de 2023 en A Coruña (momento ao que corresponden estas imaxes).

A miúdo estas grandes agrupacións están asociadas á subida da temperatura das aguas, que é un dos efectos provocados polo cambio climático.

ESTAUROMED

AUGAMARES DE FONDO

estauromedusa 1.046.jpg

As augamares de fondo, augamares copa ou augamares pedunculadas son pequenas e solitarias. Viven fixas nos fondos, sobre as algas, especialmente nos kelp e mimetízanse perfectamente coa súa contorna. Para iao poden amosar tons averdados, marróns, avermellados ou laranxas, sempre de xeito uniforme e pouco intensa.

Suxeitanse ás algas cun disco en forma de ventosa no que termina o pedúnculo ou pé alongado da parte inferior do cuerpo. Na parte superior ábrese a cara oral (boca) rodeada de 8 brazos (unidos dous a dous na base) que terminan nun pequeno ramallo de tentáculos esféricos (45 tentáculos en cada brazo!!). Na base, estes brazos están unidos por unha membrana translúcida.

Miden en torno aos 2 ou 3 cm e, especialmente na parte interna do cuerpo, teñen multitude de pequenos botóns brancos, onde acumulan susbtancias urticantes.

Semellan seguir ciclos anuais ou bianuais que fan da súa observación algo complicado. A mellor época para atopalas é a primavera e o verán.

P6161783.JPG
P4151626.JPG
P5081671.JPG
P6161785 - 1.JPG
cnidarios.JPG

Para un coñecemiento máis profundo dos cnidarios que podemos ver en Galicia, recomendamos esta fantástica guía de Jacinto Pérez Dieste e Bruno Almón Pazos.

Un libro indispensable se gostas de identificar os animais que ves durante o mergullo ou o snorkel.

Dispoñible en PDF premendo AQUÍ

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o su uso non autorizado.

NUDIBRANQUIO
bottom of page