NUDIBRANQUIO

Si quieres acceder a los contenidos completos y conocer mejor la vida de los animales invertebrados con más imágenes e información, échale un vistazo a nuestra versión para ordenador.

peixes óseos
tiburóns
e raias
Mostrar más
CETÁCEOS
Mostrar más
ESPONXAS
BRIOZOOS
CNIDARIOS
VERMES
Mostrar más
EQUINODERMOS
crustáceos
MOLUSCOS
ASCIDIAS
Mostrar más
 

 ANIMAiS - INVERTEBRADOS - ANÉLIDOS

Os VERMES colonizaron todos aqueles hábitats que lles aportan a cantidade mínima de auga que precisan para vivir, polo que son especialmente abundantes en ambientes acuáticos, de feito, como sucede cos vermes tubícolas, moitos tipos desenvolveron formas peculiares de adaptación ao ambiente mariño. Tendemos a incluír distintas familias de animais baixo a etiqueta de verme, mais un anélido non é o mesmo que un platihelminto ou un equiúrido, todos eles diferentes vermes presentes na ría. 

 

                                                             ANÉLIDOS : vermes segmentados

                                                             PLATIHELMINTOS : vermes folla

                                                             EQUIÚRIDOS : vermes cullerr

oligoquetos

hirudíneos

poliquetos 

VERMES

(aquí estarían os vermes tubícolas)

O salto cualitativo dos vermes con respecto ás outras formas de vida dos invertebrados que temos visto ata agora é a adquisición dunha nova organización corporal, a simetría bilateral. En lugar de relacionarse coa contorna en todas as direccións, como fan os animais con simetría radial (esponxas, briozoos ou cnidarios), os esforzos están agora centrados en lograr un movemento máis activo e dirixido para conseguir comportamentos máis eficaces. Así, estes invertebrados alongan o seu corpo e deixan a parte de locomoción na zona ventral e, ao mesmo tempo, concentran os seus órganos dos sentidos e os centros do seu sistema nervioso na parte dianteira do corpo, xurdindo por primeira vez a cabeza (cefalización). O resultado é unha simetría bilateral que implica dividir o corpo en dúas metades iguais. Un fito evolutivo que cambiará de maneira importante a forma de relacionarse co medio natural e cos outros animais. 

Se nos centramos nos ANÉLIDOS, vemos que son vermes cun corpo segmentado, alongado e xeralmente cilíndrico. Esta división do corpo en seccións ou aneis repetidos (metamería) é o grande avance evolutivo dos anélidos. Por un lado, permítelles realizar movementos independentes de cada segmento, o cal aumenta a súa complexidade estrutural e funcional, por exemplo, permítelles ser mellores escavadores. Por outra banda, cada segmento (ao ser unidades que se repiten) ten sistemas vitais, de xeito que o animal no seu conxunto segue a funcionar sen problemas aínda que "perda" algúns dos seus segmentos. 

Dos tipos de anélidos que existen... 

OLIGOQUETOS : miñocas de terra e vermes de auga doce

HIRUDÍNEOS : samesugas

POLIQUETOS : vermes mariños

...os poliquetos ou vermes mariños son os máis descoñecidos e, sen embargo, constitúen dous tercios das especies que pertencen aos anélidos.

 

Chámanse poliquetos por ter múltiples sedas/pelos (quetas) por todo o corpo que lles axudan a moverse e, no caso de ser atacados por un depredador, para non ser sacados da súa loga gorida, aférranse a ela con estas sedas.

 

Algúns viven na zona intermareal, cavando galerías ou construíndo os seus tubos na area ou sobre habitantes da franxa costeira, como os mexillóns, e outros fano a maior profundidade. Dependendo do seu estilo de vida, alimentaranse de diferentes xeitos: inxerindo partículas do sedimento, filtrando as que están suspendidas ou depredando outros pequenos animais. Á súa vez serven de alimento para moitos peixes. 

Todos os vermes poliquetos teñen un "esqueleto" hidrostático. Os seus corpos están cheos de líquido, que mantén un volume constante, de xeito que as contraccións e alongamentos dos seus músculos dan lugar a movementos ondulatorios que lles permiten cavar, reptar ou nadar. Normalmente dividen o seu corpo en tres partes, a cabeza con tentáculos sensoriais, o corpo segmentado con moitas sedas/pelos laterais e unha rexión final onde está o ano.

Os seus órganos sensoriais están moi desenvolvidos, todos teñen ollos máis ou menos complexos e quimiorreceptores para detectar alimentos. Ademais, os poliquetos escavadores e os tubícolas teñen receptores especiais para percibir cambios e vibracións nas correntes, así como "detectores" da orientación do seu corpo. 

Falaremos sobre todo dos vermes tubícolas, xa que son os que acadan maior tamaño e beleza, e poden ser observados en case calquera mergullo. Chámanse tubícolas porque son quen de segregar substancias viscosas ao redor do seu corpo para que diferentes materiais se adhiran a eles e construír así un tubo que os envolve. 

Os tubos están unidos ás rochas ou enterrados na area, polo que estes vermes son sedentarios (pasan toda a vida dentro do seu tubo) e filtradores (aliméntanse de pequenas partículas que atrapan).

 

Normalmente no cabo que non está unido ao chan, despregan vistosas branquias ou tentáculos/filamentos que lles permiten obter alimento e respirar. 

Como curiosidade cabe mencionar que, ao vivir nun tubo, teñen dúas opcións para expulsar os residuos: ou viran todo o seu corpo para sacar o ano (en lugar da cabeza) polo burato na parte superior do tubo, ou teñen unha regaña especial, que percorre lonxitudinalmente o espazo entre o corpo e o tubo, para transportar os excrementos cara á parte aberta. 

Pero hai moitos vermes poliquetos que non viven pechados en tubos, aínda que algúns tamén teñan hábitos de vida sedentarios, son os vermes errantes. Son anélidos que se moven libremente e inclúen nadadores, escavadores e vermes reptantes. Esta vida máis activa convérteos en depredadores e teñen unha poderosa mandíbula protráctil con dentes, que poden desencaixar a gran velocidade para capturar as súas presas. 

 

vermeS TUBÍCOLAs 

O espirógrafo ou plumeiro de mar é o verme tubícola máis grande que podemos atopar e o que veremos con máis frecuencia.

Mide entre 10 e 30 cm de alto, erguéndose sobre un tubo flexible e apergamiñado. Este tubo está unido ás rochas na parte inferior e ábrese na parte superior, deixando saír unha grande coroa de branquias coas que respira e se alimenta (15-20 cm de diámetro).

Esta coroa ten entre 200 e 300 tentáculos de plumas ou “radiolas” que se enrolan en varias voltas de espiral

É máis pequeno que o espirógrafo, a súa coroa mide entre 5 e 10 cm, e vive nun tubo, normalmente curvado, que adoita agochar nas fendas das rochas. A súa coroa está formada por dous lóbulos lixeiramente enrolados en espiral.

Case sempre, de cor crema ou branca, aínda que podemos atopalos en ocres, marróns ou amarelos. Tamén hai unha variedade de cor vermella intensa. Distínguese porque ten pequenas manchas avermelladas situadas regularmente nas súas longas branquias

gusano anélido poliqueto tubícola Myxicola infundibulum
gusano anélido poliqueto tubícola espirógrafo sabella spallanzanii
Sabella spallanzanii
Protula tubularia
Sabella pavonina
Mostrar más

Moito máis escaso é o chamado verme pavón. Tamén desprega unha coroa vistosa sobre un tubo flexible marrón coma os espirógrafos, pero é máis pequeno, duns 15 a 20 cm de longo e aparece na area ou entre a zostera.

Ademais, a ampla coroa deste verme ten unha única volta formada por dous lóbulos simétricos, que mostra unhas cores ocres e granates dispostas en franxas.

Da parte central no interior desta coroa saen dous pequenos palpos, xeralmente brancos, aínda que poden ser escuros e lixeiramente curvados. 

gusano anélido poliqueto tubícola espirógrafo Sabella pavonina
gusano anélido poliqueto tubícola Sabella discifera
gusano anélido poliqueto tubícola protula tubularia
gusano anélido poliqueto tubícola espirógrafo sabella spallanzanii

Están unidas ás rochas e podemos velas en puntos como A Borneira, A Furna, Cabo de Mar ou as Illas Cíes.

Coma os espirógrafos, forma o seu longo tubo grazas ás partículas que se adhiren ao moco que segrega e reprégase nel ao máis mínimo contacto ou cando nota que a corrente cambia.

 

Podemos atopalos nas Illas Cíes ou medrando entre as follas da zostera do mar. 

----------------------------------------------------

Outro tipo de verme sabélido é a Sabella discifera, máis pequena que as anteriores, cunha coroa de apenas 1-2 cm. Aparentemente pola súa coloración, semella un pequeno espirógrafo, pero en realidade non se enrola formando unha espiral, senón que os seus dous lóbulos de branquias forman unha única coroa circular. Ademais, estes filamentos son moito menos numerosos que no espirógrafo e poden presentar liñas azuladas.

Pode aparecer practicamente en calquera punto, aínda que é frecuente velo na area en Os Cenoiros, Frapelo, Cala do rei ou Cabo de Mar. 

Prefire os lugares escuros en augas pouco profundas, polo que a miúdo aparecen en fendas e ocos. Son moi sensibles aos cambios das correntes que os rodean, polo que é común que se escondan rapidamente cando perciben que nos achegamos.

Podemos velas nas Illas Cíes, Faro Verde, Os Cenoiros ou Frapelo. 

-------------------------------------------------------

Algúns destes vermes tubícolas prefiren establecer a súa morada na area. Enterran o seu tubo nela e apenas deixan ver a súa vistosa coroa de branquias ata que, sentindo o perigo, a ocultan rapidamente. É o caso do verme funil (Myxicola infundibulum), que mostra o seu funil de plumas agrisado de puntas e centro granate. Este apenas mide uns 3 cm. de diámetro, mentres que o resto do corpo oculto pode alcanzar os 20 cm. 

Verémolos case en calquera mergullo, abundan nas Illas Cíes, A Furna, Cabo de Mar, Areamilla ou As Raeiras. Tamén os restos de naufraxios ou as grandes cadeas das bateas poden servir de asentamento. 

Mostra diferentes tons de amarelo con franxas máis escuras e manchas brancas, aínda que algúns individuos poden ser completamente brancos ou amarelos. Estas franxas máis escuras son receptores sensibles á luz que actúan coma ollos, dado que non só perciben a luz senón tamén de onde vén. Tamén son moi sensibles ao tacto e aos cambios na corrente de auga, en canto perciben o máis pequeno contacto ou cambio entran rapidamente no tubo, desaparecendo en décimas de segundo.

 

Son solitarios, aínda que poden aparecer en pequenos grupos de 3 ou 4, e viven a pouca profundidade, ata os 30m. É moi normal que outros organismos vivan pegados ao seu tubo, especialmente algas vermellas e pequenos moluscos, mesmo podemos atopar ovos de choco. 

A UNIÓN fai A FoRZA

Case todos os vermes tubícolas que atoparemos no mergullo fan vida solitaria. Ás veces forman pequenos grupos que comparten unha fenda ou a cara dunha rocha. Pero algunhas especies decidiron xuntar forzas e fusionar os seus pequenos tubos para formar estruturas máis grandes que lles permitan estar máis protexidos á vez que poden erguerse aínda máis ata chegar aos alimentos que filtran.

É o caso da Filograna implexa, un escaso pero moi rechamante verme colonial que podemos atopar na ría. Desde a distancia semella unha esponxa case branca, xa que se estende nas rochas formando parches. Pero, a medida que nos achegamos, comezamos a distinguir o aspecto peludo que as branquias dan á súa superficie e os tons laranxas que decoran os extremos dos tubos. Cada verme é moi pequeno, cun tubo de 1 mm de grosor, pero poden reunirse para formar grandes masas que alcanzan os 20 cm. de diámetro e 5 cm. de alto.

Aínda que poden reproducirse sexualmente, liberando gametos, tamén o fan de forma asexual, polo que cada tubo divídese en dous ao longo, aumentando o tamaño da colonia.

GALERÍA

1/4
Bispira volutacornis
Acromegalomma vesiculosum
Diopatra neapolitana
Mostrar más

Estes vermes abren dúas coroas simétricas en cada tubo. Cada coroa ten uns 5 cm. de diámetro con numerosas branquias que se enroscan nunha espiral.

Normalmente teñen tons claros e uniformes, brancos, amarelos ou crema, aínda que ás veces a parte interna da coroa tamén ten cores máis escuras e mesmo franxas concéntricas doutras tonalidades. 

Outro curioso verme tubícola, caracterízase polo seu par de ollos compostos que se alzan no medio da súa coroa. A posesión destes grandes receptores fai que sexan aínda máis sensibles á luz e á nosa presenza ca outros vermes, polo que non é doado velos abertos e, ademais de respectar certa distancia, será necesario moverse moi lentamente para achegarse a eles sen que se escondan. 

Este verme excepcional que parece algo sacado dunha película de ciencia ficción é bastante común na nosa ría.

Pequeno (o diámetro do tubo no que vive mide entre 1 cm. e un cm. e medio) e de hábitos nocturnos, que fan que apenas se vexa fóra do seu tubo durante o día. Por iso non é tan sinxelo velos como os seus tubos, que a miúdo parecen estar baleiros. A lonxitude do seu corpo pode superar os 30 cm. 

gusano anélido poliqueto tubícola periscopio diopatra neapolitana
gusano anélido poliqueto tubícola periscopio diopatra neapolitana
gusano anélido poliqueto tubícola Megaloma vesiculosum

1/5

GALERÍA

gusano anélido poliqueto tubícola bispira volutacornis

1/5

GALERÍA

Teñen dúas mandíbulas, bastante poderosas, coas que se defenden e viven filtrando as partículas que arrastran dentro do seu tubo. De feito, a súa actividade constante para capturar partículas é algo frenética e, durante longos intervalos de tempo, move as súas antenas unha e outra vez fóra e dentro do tubo.

 

Atópanse en zonas  intermareales lamacentas ou areosas, polo que os seus tubos quedan ao descuberto coa marea baixa, pero para velos teremos que agardar a que estean cubertos pola auga. Pola noite sacan parte do corpo do tubo, deixando ver o seu rechamante e curioso corpo.

Podemos velos nalgunhas zonas de Bouzas. 

Da súa cabeza asoman cinco antenas de cor crema con puntos brancos brillantes. Pero o máis sorprendente é a textura e a cor dos aneis na base destas antenas e na parte traseira do corpo, que con brillantes iridescencias parecen metálicos

A coroa mide entre 3 e 4 cm de diámetro e pode presentar diferentes coloracións. O máis común é atopalos nunha tonalidade escura, dun marrón que tira a granate, ou unha cor clara, entre crema e branca. Pero poden aparecer combinacións con diferentes padróns.

 

Teñen aínda máis ollos nas branquias da coroa, un en cada raio, que normalmente aparece coma un punto escuro antes do extremo final.

 

Viven en areais pouco profundos, polo que podemos velos nas Illas Cíes, Cala do rei ou Tofiño.

Crecen, enterrando na area o seu tubo que apenas sobresae e, cando se repregan, podemos ver que teñen grans de area adheridos por toda a parte do tubo que queda ao descuberto. 

Viven encaixando os seus tubos nas fendas das rochas. Son tubos bastante longos, agrisados e de aspecto liso, co orificio por onde saen as coroas dobrado, amosando claramente por onde sae cada unha.

 

Atopámolo nas fendas, pero son moi sensibles á luz, polo que se pecharán rapidamente ao iluminalas directamente coa lanterna.

 

Algúns lugares para velos son Cala do rei, Cenoiros, Frapelo ou Cabo de Mar. 

As branquias da coroa teñen pequenos puntos avermellados que son fotorreceptores.

Non é raro atopar exemplares illados, aínda que o máis común será atopalos formando grupos máis ou menos densos. 

ver sen ollOS

O ollo é un órgano complexo que evolucionou para percibir imaxes máis ou menos definidas do que nos rodea, pero tamén se pode ver sen ollos. Moitos invertebrados teñen células sensibles á luz e un grande número de vermes tubícolas agrupan estas células, formando manchas escuras  fotorreceptoras.

Son os pequenos puntos vermellos, marróns ou negros que vemos nas súas branquias. Estas manchas-ollo poden percibir tanto a cantidade de luz como a dirección de onde provén, dándolles información valiosa para detectar os movementos ao seu redor.

 

É por iso que son animais moi esquivos, que se agochan rapidamente ao mínimo achegamento, o que, ás veces, fai difícil poder desfrutar da beleza das súas coroas de branquias despregadas. Ademais destes anélidos, hai outros invertebrados que presentan manchas similares, como as estrelas do mar, ofiuras ou algúns nudibranquios. 

FONTE : Guía de invertebrados del Mediterráneo y el Atlántico - P. Wirtz y H. Debelius

 
Lanice conchilega
Spirobranchus triqueter
Polycirrus sp.
Mostrar más

Outro verme que merece unha mención especial é o verme albanel. Nome curioso para un curioso animal. Este verme adoita pasar completamente desapercibido, xa que, ademais de ser pequeno (uns 5 cm de altura), recolle múltiples anacos de cunchas e areas para envolverse (conchilega significa que recolle cunchas). 

gusano anélido poliqueto tubícola albañil Lanice conchilega

Esas estrañas pegadas brancas que atopamos normalmente no mexillón son tamén vermes tubícolas que viven nese pequeno e duro tubo branco que se forman ao seu redor.

A pesar deste aspecto sinxelo, o verme de dentro ten unha coroa de filamentos de cores brillantes, que van do vermello ao amarelo. 

Ten un corpo carnoso e envolto nun tubo ao que se adhiren partículas. Caracterízanse por ter multitude de tentáculos longos en tons amarelos que saen da súa cabeza para capturar alimento. De feito, polo xeral, o único que vemos son estes espaguetes, xa que o resto do corpo normalmente permanece escondido en esponxas ou rochas.

gusano anélido poliqueto tubícola espagueti Polycirrus sp.

Os vermes espaguetes limpan as esponxas nas que establecen o seu fogar a cambio da protección que estas ofrecen.

 

Para observalos vale calquera punto de mergullo. Debemos prestar atención ás esponxas que están incrustadas nas rochas porque é nestas onde as atoparemos con máis frecuencia e facilidade. 

O tubo ten unha crista lonxitudinal que o atravesa e fai que a súa sección sexa triangular.

 

Atopámolo sobre as rochas, mexillóns ou outro tipo de cunchas e buguinas, polo que podemos velo en calquera punto do mergullo ou praia onde haxa estas superficies.

Da parte superior do tubo saen delgados filamentos, tamén cubertos con pequenos anacos de cuncha, a xeito de abanico irregular. Coa súa peculiar aparencia semella saír dun filme de Tim Burton.

 

Atopámolo en calquera punto de mergullo, pero sempre no fondo areoso. Frecuente en A Furna, Tofiño, Faro Verde e Os Cenoiros. 

tubo de escape

A maioría dos vermes tubícolas escapan do perigo ao refuxiarse nos seus tubos. Pero hai unha pequena especie que optou por fuxir do perigo con outra estratexia. É un Branchiomma, un verme de apenas un par de centímetros de longo e menos dun centímetro de diámetro na súa coroa visible.

 

Este pequeno habitante non dubida en saír do seu tubo para escapar cando se sente en perigo, momento no que "nada" axudado polas contraccións do seu corpo ou móvese na rocha para atopar un lugar máis seguro. Entón, segrega moco para formar rapidamente un tubo novo. Cando escapa e deixa ver o seu corpo, pódese apreciar a súa cor alaranxada e que ten dúas filas de "ollos" ao longo da parte superior. 

1/5

O normal é atopar varios exemplares próximos na mesma rocha. A pesar das súas habilidades na arte da fuga, tamén é capaz de retraer total ou parcialmente as plumas da súa coroa. Estas plumas son moi vistosas, xa que forman unha rede semellante a un encaixe, especialmente cando está a medio repregar.

 

ANÉLIDOS ERRANTEs 

Eulalia viridis
Nephtys sp.
Arenicola marina
Mostrar más

Estes vermes finos, de entre 7 e 15 cm de lonxitude, reptan nas rochas. Divídense en numerosos segmentos (entre 100 e 200) de cuxos lados saen os parapodios/mini-apéndices para desprazarse. Teñen unha coloración verde intensa, cun aspecto brillante, aínda que cando son crías adoitan presentar tons máis amarelentos.

 

Desprázanse bastante rápido grazas ás ondulacións musculares do seu corpo e é frecuente ver como exploran o terreo levantando a parte dianteira do corpo para tentear.

Na súa cabeza podemos distinguir os ollos coma dous pequenos puntos marróns e varios pares de cirros  alongados que teñen funcións sensoriais. 

gusano anélido poliqueto verde Eulalia viridis
gusano anélido poliqueto verde Eulalia viridis

Probablemente os tivemos preto en moitas ocasións, pero dificilmente os teremos visto.

 

Estes vermes case nunca saen, levan unha vida sedentaria en galerías subterráneas que cavan na area e, sen embargo, seguramente atopamos moitas veces o resultado das súas construcións, esas cordas retorcidas de area que aparecen nas praias cando baixa a marea. 

anélido poliqueto arenicola marina
arenicol.jpg

É outro verme que podemos atopar en inmersións pouco profundas, en areais. De feito, cando se sente en perigo, entérrase. Tamén é posible atopalo na zona intermareal. Pode chegar a superar os 20 cm. de longo, aínda que é común atopalos máis pequenos.

 

Ten o corpo dividido en múltiples segmentos, arredor de 100 e presenta unha cor gris con tonalidades avermelladas.

 

Desprázanse rapidamente con movementos sinuosos e a súa pequena cabeza é difícil de distinguir.

Son depredadores carnívoros e a súa mandíbula é protráctil para atrapar ás súas presas. 

anélido poliqueto polynoe sp.
gusano anélido poliqueto Glycera sp.

Aínda que vive escondido, é un verme moi atractivo, co corpo rosado (que, ás veces, pode adoptar tons verdes ou marróns) e decorado, só na parte central, por penachos de pelos vermellos ou morados. 

O seu estilo de vida é moi peculiar: cavan galerías en forma de U e sitúanse na parte máis baixa, alí, cos movementos ondulatorios dos seus corpos xeran unha corrente de auga que entra por un dos buratos, cara ao que dirixen a boca e sae polo contrario, onde está situada a parte terminal do seu corpo co ano. Esta corrente fai que a area entre con partículas por un lado, das que se alimenta, ao mesmo tempo que permite expulsar os residuos, formando os típicos cordóns de area. 

gusano escamoso o Polynoe sp. tamén adoita aparecer en zonas pouco profundas.

O seu corpo está formado por escamas circulares que se entrelazan no seu corpo branco semitransparente.

Ademais da zona intermareal, pódese atopar en lugares pouco profundos como Viños. 

Pódense ver en puntos pouco profundos, como A Furna ou nas praias. 

----------------------------------------------------

O mellor lugar para buscalas é a praia, cando baixa a marea é relativamente fácil atopar algunha nas pozas que se forman entre as rochas ou arrastrandose por fendas molladas. Tamén é posible velos en inmersións pouco profundas e, igualmente, terás que buscar nas rochas.

Un aspecto curioso destes anélidos é a súa posta de ovos, con aparencia de pompón verdoso, do que emerxe un pequeno cordón co cal ancoraos nas algas ou noutras superficies. 

 

planarias   (vermes platihelmintos)

Aínda que non sexan anélidos, entrarían na categoría difusa de vermes, polo que tamén queremos mencionar as planarias nesta sección. Son vermes aplanados, coñecidos en algúns lugares como vermes folla, similares aos nudibranquios polo seu estilo de vida e as súas vistosas cores, pero pertencentes a un filum diferente.

 

As planarias pertencen aos vermes platihelmintos, o mesmo que a tenia, aínda que, a diferenza dos seus parentes, non son parasitos, senón que viven libremente no fondo mariño. Teñen un corpo aplanado, coma se fose unha alfombra que poden ondular para moverse nadando. Aínda que, a maioría das especies, se moven esvarando grazas a un moco que segregan.

É recomendable non tocalas (como todo o demais) xa que son "friables", é dicir, que esmiúzan moi facilmente, aínda que a súa grande capacidade de rexeneración permítelles "recuperar" as partes perdidas.

Como curiosidade, cabe comentar que teñen un único orificio que actúa como boca e ano, porque o seu sistema dixestivo é un saco cego. Este burato está situado na parte posterior-ventral do corpo.

 

As especies que atoparemos máis frecuentemente son as do xénero Prostheceraeus, que se alimentan, sobre todo, da Clavelina lepadiformis, polo que é común atopalas en puntos como o pecio Ivy, onde abundan este tipo de ascidias.

                               PLANARIAS

- Son vermes platihelmintos (vermes folla)

- Corpo moi aplanado

- Bordos do corpo ondulados

- Non presentan protuberancias

                       LESMAS DE MAR

- Son moluscos sen cuncha

- Corpo cilíndrico, ás veces, lixeiramente aplanado

- Bordos do corpo lisos

- Poden presentar múltiples protuberancias que sobresaen no dorso do seu  corpo

(para saber máis sobre as lesmas de mar visita os  MOLUSCOS)

 

EQUIÚRIDOs   (vermes CUlleR)

Tampouco son anélidos, nin platihelmintos, pero se atopásemos un, diríamos claramente que é un verme.

Os equiúridos son grandes descoñecidos, pero teñen unha anatomía e un comportamento tan curiosos que merecen ser incluídos neste capítulo. Son vermes cun corpo groso dividido en dúas partes: o tronco, que normalmente está escondido, enterrado na area; e o trompa ou probóscide, na parte anterior, que é onde se atopa a boca e é a parte que deixan ao descuberto para "explorar" o terreo. Esta trompa é moi flexible e pode estirarse ata 10 veces a lonxitude do tronco. Á mínima ameaza contráena rapidamente.

 

O exemplo máis sorprendente, que tamén podemos atopar aquí na ría, é o da Bonellia viridis. Este espectacular equiúrido presenta un notable dimorfismo sexual (diferenzas externas entre machos e femias), mentres que as femias poden medir entre 1 e 2 metros, os machos son moi pequenos, apenas uns milímetros e viven sobre a femia ou dentro dela.

Reprodúcense sexualmente, liberando as larvas cara ao exterior e, segundo onde estean establecidas, desenvolverán un sexo ou outro. Os individuos que están preto ou na probóscide (trompa na boca) da femia maduran rapidamente como machos ananos, mentres que os que están máis lonxe cavan para instalarse e desenvolverse como femias grandes. 

Os machos non teñen trompa, aínda que tampouco a precisan, aliméntanse parasitando a femia e a súa existencia redúcese á expulsión do esperma ante os sinais químicos que a femia envía. As femias teñen un tronco globoso de entre 5 e 10 cm. e un longa trompa aplanada e bifurcada no extremo que pode estenderse máis dun metro, coa que obter partículas da area que serven de alimento, xa que é detritívora. Son de cor verde escura, grazas a unha sustancia tóxica chamada bonelina, que tamén usa para se defender dos depredadores.

peixes óseos
tiburóns
e raias
Mostrar más
CETÁCEOS
Mostrar más
ESPONXAS
BRIOZOOS
CNIDARIOS
VERMES
Mostrar más
EQUINODERMOS
crustáceos
MOLUSCOS
ASCIDIAS
Mostrar más

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS