Táboa somerxible de identificación de peixes impresa por ambas caras (peixes nadadores + peixes de fondo) que inclúe unha selección de 22 especies habituais a pouca profundidade na costa galega.
Dimensións: 21x15 cm. Realizado en IMPRIMEVERDE, con vinilo polimérico e glasspack que prolongan a súa durabilidade.
Dispón dunha pulseira de suxeición para non perdela na auga. Esta pulseira foi elaborada por ONDA NOSA con cabos recollidos na playa e reempregados para estas táboas.
Non esquezas lavar con auga doce a táboa cada vez que a empregues no mar e non expoñela ao sol durante periodos prolongados de tempo.
TÁBOA SOMERXIBLE
Se cando recibas os nosos produtos daste de conta de que non era o que agardabas, non te preocupes, ponte en contacto con nós en 13gradosvigo@gmail.com e comezaremos a xestionar a devolución.
Recorda que o produto debe devolverse en perfecto estado, nun prazo de 15 días e que os gastos de envío correrán pola túa conta (a non ser que o erro fose noso).
Se tes calquera dúbida ou pregunta sobre o produto que che interesa, contacta con nós antes de mercalo e informarémoste do que precises: 13gradosvigo@gmail.com
O envío tardará entre 3 e 6 días laborables para os destinos nacionais.
Envío Nacional ordinario: 2,50 €
Se quieres facer un pedido dende fóra de España, por favor, contacta con nós en: 13gradosvigo@gmail.com
For orders outside Spain, please contact with us at: 13gradosvigo@gmail.com