CAPÍTULO 7
CHATARRA SUBMARINA : OS PECIOS
O LUMBRIGANTE (Homarus gamarus)
Este gran crustáceo azul de grandes tenaces adoita agocharse no fondo de grandes laños ou nos recunchos dos pecios, mais a presión pesqueira (tanto legal como furtiva) á que é sometido fai que cada vez sexa máis difícil de atopar.
- Máis información sobre o lumbrigante: AQUÍ
A FANECA (Trisopterus luscus)
Sempre forman grupos en lugares escuros e profundos, por iso os bancos afundidos son un dos seus recunchos favoritos.
- Máis información sobre as fanecas : AQUÍ
A PIÑA DE MAR (Phallusia mammillata)
As ascidias viven filtrando a auga coma se fosen grandes depuradoras mariñas, aínda que tamén teñen un oco para acoller a pequenos invitados no seu interior. Pese a ser un animal moi descoñecido, está máis próximo a nós do que pensamos.
- Máis información sobre o piña de mar: AQUÍ
- Para saber máis cousas sobre as ascidias: AQUÍ
A XULIA (Coris julis)
Uns peixes esbeltos e de gran colorido pero tamén moi esquivos. Frecuentan os pecios e fondos rochosos con algas, onde forman pequenos grupos.
- Máis información sobre as xulias: AQUÍ