COMPROMISO MEDIOAMBIENTAL
a conservación
do medio natural
como obxectivo
prioritario e medio
de actuación
13 GRADOS xorde co obxectivo principal da divulgación e conservación do medio mariño. Partimos da educación ambiental e do coñecemento científico para elaborar os nosos materiais e actividades, nas que a principal motivación e finalidade é sensibilizar sobre a importancia de coidar o medio mariño e movilizar á acción daqueles cambios a nivel individual e local que contribúan á preservación do noso aliado máis importante, o mar.
Marcámonos uns principios e valores como marco de acción e compromiso do noso traballo,pero tamén da nosa vida, coa intención de minimizar o nosos impacto negativo.
Estamos convencidas de que, como persoas, tenemos moito máis poder do que pensamos para cambiar as cousas e debemos actuar en consecuencia.
Os recursos e actividades que realizamos alinéanse coas metas recollidas específicamente na folla de ruta dalgúns dos principais ODS:
OBXECTIVO 4 - EDUCACIÓN DE CALIDADE :
a través das nosas actividades favorécese a adquisición de coñecimientos teóricos e prácticos para promover mediante a educación ambiental o desenvolvemento de estilos de vida sostibles.
OBXECTIVO 5 - IGUALDADE DE XÉNERO: fomentamos a igualdade entre homes e mulleres e a integración da perspectiva de xénero a través de accións e unha linguaxe non sexista.
OBXECTIVOS DO DESENVOLVEMENTO
SOSTIBLE (ODS)
o noso traballo enmárcase dentro dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) recollidos na Axenda 2030 da Comisión Europea
OBXECTIVO 13 - ACCIÓN POLO CLIMA: buscamos ampliar os contidos educativos e a sensibilización orientadas á mitigación do cambio climático, o coñecimiento da situación actual e as súas ameazas, así como a reducción dos seus efectos conectando nosas accións cotiás coa saude domar.
OBXECTIVO 14 - VIDA SUBMARINA:
ao centrarnos na divulgación e conservación do medio mariño combinando educación ambiental, ocio, ciencia e tecnoloxía creamos ferramentas que axudan a potenciar a conservación da biodiversidade mariña.
A igualdade é un dereito e a equidade unha loita por alcanzar ese dereito. Dende o noso traballo non queremos esquecer as múltiples particularidades de cada unha de nós e a necesidade de que o coñecemento e o lecer estean ao alcance de calquera. A accesibilidade, no sentido máis amplo da palabra, debe estar sempre entre os obxectivos de traballo.
Integrar conceptos tan importantes como o FEMINISMO, a INCLUSIÓN ou a ACCESIBILIDADE só é posible dende o respecto e a tolerancia ás diferentes características e necesidades que temos cada persoa, favorecendo a participación activa.
EQUIDADE
as mesmas oportunidades para todas, sen discriminacións e sen olvidar as nosas particularidades
ECONOMÍA SOCIAL
realizamos a nosa actividade antepoñendo
o medio ambiente, as persoas e
o desenvolvemento sostible por riba
doutros intereses
13 GRADOS colaboramos coa Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia - REAS GALICIA para comprometernos e impulsar co noso traballo unha forma diferente de facer as cousas. Reflexionar e valorar como encauzar a nosa actividade nos principios solidarios.
PRINCIPIOS DA ECONOMÍA SOCIAL E SOLIDARIA
Participamos no Mercado Social democrático, feminista, ecolóxico e solidario a través de BEN MERCADO, a tenda online de Economía Social Galega
Tamén apostamos pola Banca Ética, representada naquelas entidades financieiras que buscan unha xestión democrática e unha distribución equitativa da riqueza. Por iso somos clientas e socias de FIARE BANCA ÉTICA, onde realizase un uso óptimo, transparente e participativo dos recursos para o beneficio das persoas e o medio natural.
13 GRADOS é unha cooperativa galega sen ánimo de lucro, un modelo de empresa diferente que garanta o traballo digno e en equipo, onde cada persoa conta na toma de decisións.
Ademais estamos asociadas á Unión de Cooperativas Galegas: ESPAZO COOP para comprometernos e impulsar co noso traballo os obxectivos e valores que compartimos.
COOPERATIVISMO
unha alternativa democrática e xusta ás desigualdades que xera o modelo empresarial tradicional
Dous aspectos íntimamente vencellados ao traballo nas cooperativas son:
- A formación continua. Non deixar de aprender e mellorar é unha das vantaxes da formación, pero tamén coñecer outras persoas con inquietudes e obxectivos similares e os seus proxectos, o que, a miúdo, da pé á creación de sinerxias
- A intercooperación. Compartir valores e proxectos fainos máis fortes, de aí que, sempre que sexa posible, busquemos colaborar con outras cooperativas.
Dende 13 GRADOS apostamos pola sostibilidade no turismo. Gozar da natureza dende o respecto.
- móvenos coñecer, interpretar, desfrutar e coidar o mar
- as actividades no medio mariño deben enriquecernos mutuamente
- a educación ambiental é chave para comprender o noso papel na natureza
- fomentar a conservación activa que nos axude a deixar o espazo natural mellor do que o atopamos
GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS
NO MEDIO MARIÑO
TURISMO SOSTIBLE
visitar o mar para coñecelo e disfrutalo xerando impactos positivos que axuden de xeito práctico a súa conservación
Todas as fotografías, ilustraciones, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.