INTERMAREAL
Unha vida agardando
A zona costeira que se inunda coa subida da marea e queda exposta coa baixamar é o que se coñece como intermareal. Un lugar onde a vida é dura, xa que está sometida a cambios drásticos na hidratación, temperatura ou na disponibilidade de alimento durante 4 veces ao día, todos os días do ano.
A pesar disto, son moitas máis das que pensamos as formas de vida que habitan estas paisaxes e os seus mecanismos de adaptación ás condicións intermareais son a miúdo sorprendentes.
Un paseo polas fochancas que se forman entre as rochas da playa ao baixar a marea é o lugar ideal para observar a riqueza destes ecosistemas en miniatura.
LA ZONA INTERMAREAL







As fochancas de marea agochan todo un mundo de vida ao outro lado da superficie.
Uns dos habitantes máis emblemáticos destas pozas son os lorchos, pequenos peixes que viven pousados nos fondos e que contan cunha boa memoria espacial para saber orientarse entre as charcas e, se é preciso, poder saltar de charca en charca para volver ao mar
Os camaróns tampouco adoitan faltar na zona intermareal. Poden atoparse formando peqenos grupos e son moi activos.
Pero unha das cousas que máis chama a atención da vida entre mareas é o seu colorido: tomates de mar, ourizos, caramuxos... que a vida sexa dura nestas zonas non quere decir que non poida ser bela e lucir formas e cores moi chamativos.
Outro aspecto interesante nestes lugares cando baixa a marea é observar as arribazóns que arrastrou o mar ata a orela, restos que nos contan moitas cousas sobre a vida nos fondos próximos á costa, como a carcasa dun ovo de raia que vemos na foto.
Os caranguexos tamén son habituais nestas zonas e podremos atopalos tanto fóra como dentro da agua, xa que dispoñen de diferentes estratexias para manter o seu corpo húmido e respirar no exterior.
As rocas tamén acollen gran cantidade de vida e é moi frecuente que sobre elas se establezan multitude de animais: caramuxos, mexillóns, arneiróns, lapas... cada un atopa o seu sitio e fai fronte con diferentes estatexias aos periodos de baixamar.
Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.