top of page
fondos roc más de 20m

FONDOS ROCHOSOS A MÁIS DE 20 METROS

Outro mundo

A maioría das veces mergullamos en fondos con pouca profundidade, xa que as características das augas galegas (a gran riqueza de nutrientes debido aos afloramentos reduce a visibilidade e a cantidade de luz que chega a cotas máis profundas) fan que nos primeiros 20 metros se concentre gran parte da vida mariña. Pero cando decidimos adentrarnos algo máis alá e superamos os 20-25 metros de profundidade, as paisaxes cambian por completo. As algas, omnipresentes cando estamos a menor profundidade, deixan paso a formas de vida animal que recobren as rochas. É o reino das esponxas, gorgonias, anemones, briozoos... que amosan formas e cores que só podemos atopar nestas cotas.

FONDOS ROCOSOS A MÁS DE 20 METROS
FONDOS ROCOSOS A MÁS DE 20 METROS
01:01
Play Video

FONDOS ROCOSOS A MÁS DE 20 METROS

13 GRADOS

A pesar de ser a cara menos coñecida dos fondos galegos, as paisaxes cheas de cores que podemos atopar nstas profundidades son sumamente interesantes e permítennos admirar algúns dos animales máis chamativos e exclusivos destas augas.

Un dos animais de pequeno tamaño que máis amplamente atoparemos sobre as rochas a estas profundidades son as coloridas anemones xoia (Corynactis viridis) que, con apenas un centímetro de diámetro, estenden as poblacións para cubrir rochas enteiras.

Os hidrozoos tamén atopan o seu espazo nas rochas na ausencia das algas. Pese a ser moi descoñecidos, estes pequenos animais son abondosos e, en ocasións, adquiren curiosas formas, como as plumas que forman os fentos de mar (Gymnangium montagui)

Ao igual que acontece coas anemones xoia e os fentosde mar, os dedos vermellos (Alcyonium glomeratum) tamén poden aparecer a menores profundidades, pero son máis abondosos a partir dos 20 m. Na foto podemos apreciar como cambia o seu aspecto según os pólipos estean estendidos ou retraidos.

Pero hai animais que só fan acto de presencia a estas profundidades, como sucede con varias especies de esponxas. Unha das máis chamativas que podemos encontrar nestas paisaxes é a esponxa de tubo amarela (Tedania urgorrii)

Para atopar grandes exemplares de rosa de mar (Pentaphora foliacea) tamén teremos que somerxernos a estas cotas.No seu interior non é extrano encontrar pequenos animais buscando refuxio e, memo, peixes que colocan alí a posta de ovos.

Mais, sen dúbida, na ausencia das algas, as grandes raíñas destas paisaxes son as gorgonias. Estes animais con forma de abanos de cores forman vistosos xardíns multicolor a partir dos 20 metros.

As lesmas de mar tampouco faltan a súa cita nestas profundidades. Xa que algunhas das súas comidas favoritas son as esponxas e os hidrozoos, a abundancia destas especies nestes fondos convírteos en lugares indicados para atopar lesmas. Na foto, lema de puntos brancos (Cadlina laevis) especialmente abondosa en profundidade.

As rochas están completamente recubertas de diferentes formas de vida que, se ben poderían parecer plantas ou algas, son animais. Entre eles líbranse silenciosas batallas por ocupar o escaso espazo dispoñible.

Por se faltasen cores, para engadir o toque definitivo está a estrela vermella (Echinaster sepositum), a máis numerosa nestas paisaxes e á que poderemos chegar a atopar acomodada sobre grandes esponxas ou enganchada nas gorgonias.

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page