REFLEXIONAR - REDUCIR - REempregAR - RECICLAR - "RECONSUMIR"

ERRE QUE ERRE, aTA QUE O CONSIGAMOS

Unha das razóns principais que nos impulsou a levar adiante este proxecto é promover a conservación do medio mariño. Hai moitos factores que están a acabar coa saúde dos océanos e detrás de todos eles está a acción e o estilo de vida do ser humano.

A importancia do mar vai moi alén de ser a maior reserva de biodiversidade do planeta (alberga o 90% da vida). Tamén é un pulmón esencial que xera máis da metade do osíxeno que respiramos, é o maior depurador de dióxido de carbono da atmosfera e regula o clima a nivel mundial.


Isto é o que nos estamos a xogar. Mais non todo está perdido, podemos facer moitas cousas e cada un de nós ten na súa man o poder de mudar unha parte importante.
 

QUe PoDO fACER eu?

Cambiar a forma de consumir. Hai moitas cousas que podemos facer, ás veces pequenos cambios no noso día a día teñen consecuencias maiores do que pensamos. Canto menor sexa a nosa pegada de consumo, máis respectuosos estaremos a ser coa natureza e hai diferentes alternativas para conseguilo.

Primeiro paso, CONSUMO CONSCIENTE

- REFLEXIONAR sobre como e que consumimos. Temos automatizado a nosa forma de consumir sen pararnos a pensar nos seus efectos. Adoitamos pasar máis tempo pensando en que roupa levamos pola mañá que en descubrir como se fixo.

- REDUCIR o consumo innecesario tanto de materiais (especialmente os de un só uso) como de recursos enerxéticos.

- REEMPREGAR. Se non é posible reducir, reutilizar é outra opción interesante. Dar máis vidas útiles aos obxectos tamén reduce o impacto ambiental.

- RECICLAR é unha alternativa correcta, pero como último recurso. Os procesos de reciclaxe son caros e implican un importante gasto enerxético.

A clave é reducir o máximo posible e evitar así os seguintes dous pasos. A actuación individual de cada un de nós é de SUMA importancia.
 

Un paso máIs, a ECONOMÍA CIRCULAR, reempregar para reducir

Dous pasos máis, a PERMACULTURA, como vivir COA a naturaleza, aproveitar o que ELA produce para consumir en equilibrio.

http://ecolectivovigo.org/

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS