PUNTOS DE mergullO nA COSTA SUR

Na costa sur, os lugares de mergullo habituais tenden a superar os 15 m de profundidade. Albergan unha ampla variedade de paisaxes, que van dende pecios míticos como o Achondo ou os restos máis dispersos do Ivy, ambos preto da península de Monteferro, ata bosques de laminarias en Bondaña ou baixos rochosos de grande riqueza en canto a paisaxe e fauna como Cabo de Mar.
Se na costa norte salientabamos Os Cenoiros pola súa particularidade, aquí temos que mencionar As Raeiras, xa que se trata dunha inmersión algo diferente pola presenza dalgunhas especies de corais e esponxas difíciles de atopar noutros puntos de mergullo.

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS