A ORIXE

As rías fórmanse cando o mar inunda a parte final dun río. Como as outras Rías Baixas, a Ría de Vigo comezou a súa formación hai uns 110 millóns de anos (moito antes das rías altas, que o fixeron hai 24 millóns de anos). Daquela, nos mares vivían as amonitas e os dinosauros dominaban os continentes, que aínda non ocupaban a súa posición actual, sen saber que algúns millóns de anos despois un xigantesco meteorito acabaría con eles.


A ría de Vigo formouse, como as outras, grazas á combinación de varios factores. A acción das forzas xeolóxicas sobre a plataforma afundiu a parte baixa da costa, mentres que se alzaban as zonas máis montañosas. Ademais, como consecuencia do desxeo, debido aos cambios climáticos acontecidos despois do último período glacial, o nivel do mar subiu e acabou inundando os vales dos ríos ata alcanzar o nivel actual.


En principio, as rías estaban lonxe do mar, só existían os leitos fluviais onde agora está a lingua mariña, xa que o nivel do mar estaba 120 metros por baixo do actual e as illas Cíes eran montañas rodeadas de bancos de area.

Todas as Rías Baixas teñen unha personalidade semellante porque comparten as súas características xeolóxicas e oceanográficas, tamén responsables da súa riqueza ecolóxica.


Noutras partes do mundo hai áreas similares que, a pesar de non ter importantes achegas fluviais, tamén se chaman rías.

formación Ría de Vigo

A ACTUALIDADe

Ría de Vigo actualidad

A ría de Vigo  ten  actualmente  unha  superficie  de 176 km  e a súa boca abre cara o océano Atlántico. Na parte máis externa ten unha separación de 15 km entre Cabo Home e Cabo Silleiro, xusto nesta boca atópanse as Illas Cíes, unha importante protección natural que actúa como escudo contra os embates do tempo. É a ría máis ao sur e no seu extremo interior desemboca o sistema fluvial dos ríos Verdugo e Oitavén, que conforman os seus correspondentes vales fluviais.

Mais as características dos fondos da ría varían moito segundo a zona. A parte máis interna, na enseada de San Simón, está máis influída pola desembocadura dos ríos. Isto fai que sexa unha zona pouco profunda, con augas máis tranquilas e fondos con grandes extensións de lama e area.

2
 

Por outra banda, o resto da ría, que corresponde á parte máis externa e a máis ampla (aproximadamente o 80%), responde a factores máis dinámicos como as ondas do mar e as mareas, acadando maiores profundidades e presentando diferentes tipos de fondo entre os que predominan os baixos rochosos e areosos preto da liña de costa e zonas máis lamacentas e profundas na parte central.
 

A diferenza doutras formacións similares, coma os fiordes, as ladeiras das rías son suaves e descenden cara ao mar formando un V. Isto permite que na súa costa abunden os areais ou as praias no canto de atoparmos con grandes cantís.
 

 o TOQUE MÁxICO

O segredo da enorme biodiversidade que acolle a nosa ría son os  afloramientos costeros. Este fenómeno débese á situación privilexiada das Rías Baixas, onde chega a Corrente cálida do Golfo, responsable do noso clima "benévolo", a pesar da nosa latitude e das particulares características oceanográficas que propician os afloramentos.  

afloramiento costero Ría de Vigo

Os ventos do norte (primavera e verán) empuxan as augas superficiais da ría a través da canle do norte, menos profunda, favorecendo así a entrada de correntes de auga profunda desde a plataforma mariña continental pola canle sur. Estas augas, que alcanzan profundidades superiores aos 100 metros, son augas frías e cargadas de nutrientes que ocupan o lugar das augas superficiais desaloxadas, enchendo de alimento o interior das rías e tinguíndoas da súa característica cor verde. Esta fertilización permite o desenvolvemento da grande biodiversidade mariña que atopamos nestas augas, fai que o mar estea frío no verán e favorece a renovación da auga dentro da ría. Ás correntes fertilizantes hai que engadir a protección que proporciona a orografía das rías e a barreira natural formada polas illas Cíes. Unha combinación particular de factores, responsable da riqueza e diversidade da vida nas nosas rías.

En contraste, no outono e no inverno, os ventos dominantes sopran dende o sur e prodúcese o fenómeno contrario, o afundimento, xa que as augas superficiais son empuxadas cara ao fondo, favorecendo o seu estancamento.

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso nno autorizado.

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS