CAPÍTULO 1

CIDADES : os fondos rochosos superficiais

SARGO (Diplodus sargus) e CHAPARELA (Diplodus vulgaris) 

Os peixes máis emblemáticos das nosas costas, cos seus  grandes bancos prateados envolven moitas das rochas costeiras.

- Máis información sobre os sargos: AQUÍ

- Para ver nun vídeo as súas congregacións no verán : AQUÍ

O POLBO (Octopus vulgaris)

Oito brazos cheos de ventosas nun corpo brando que pode mudar as súas cores e textura en décimas de segundo.

- Máis información sobre o polbo: AQUÍ

- Para saber máis cousas dos cefalópodos: AQUÍ

NÉCORA (Necora puber)  

Ollos vermellos e coiraza de veludo as fan inconfundibles. Son os cangrexos que máis atoparemos nas fendas.

- Máis información sobre as nécoras: AQUÍ

PEIXE PORCO (Balistes capriscus)  

Un peixe impoñente que veu dende augas máis quentes, pero cuxa elegante natación xa forma parte da nosa paisaxe submarina.

- Máis información sobre o peixe porco: AQUÍ

DEMO (Parablennius gattorugine)  

Un dos lorchos máis abundantes da ría, sempre curioso, asoma os seus cornos vermellos entre as rochas cando pescuda quen está no seu territorio.

- Máis información sobre o demo: AQUÍ

- Para coñecer as diferenzas entre lorchos con cornos : AQUÍ

BOCARRUBIA (Gobius cruentatus)  

Os beizos vermellos delatan a identidade deste gran lorcho que, cando desprega as súas aletas, asemella un dragón.

- Máis información sobre o bocarrubia : AQUÍ

- Para diferenciar o demo do bocarrubia : AQUÍ

MARAGOTA e PINTO (Labrus bergylta)  

Maragota e pinto, pinto e maragota, polo momento a mesma especie, pero parece que este peixe está a separarse en dúas: por unha banda, as maragotas, de cores uniformes ou con manchas escuras, por outra, o pinto, co seu traxe laranxa de pintas brancas.

- Máis información sobre pintos e maragotas : AQUÍ

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS