top of page

cala do rei

Este punto de mergullo percorre a liña de rochas na costa de Punta Fanequeira ata chega a unha profundidade duns 13 m. na zona de area.
A parte areosa é o territorio de ofiuras, caranguexos ermitáns, chocos e caramuxos, mentres que as múltiples cavidades que se forman nas rochas albergan pequenos congros, varios tipos de estrelamares ou nécoras.

É unha área de grandes algas, entre as que predominan as laminarias e o carballo de mar. Neste último, é posible atopar cabalos de mar enganchados, xa que Cala do rei é un dos puntos da ría máis propicios. Máis común é ver o seu parente, o peixe pipa, normalmente agochado entre as algas ou nos tentáculos dos cogombros de rocha. Ademais das algas, multitude de esponxas de diferentes formas e cores cobren as rochas.

Abunda a vida miúda como nudibranquios, ascidias, anémonas e diferentes tipos de lorchos, especialmente as momas e os demos. Non é estraño atopar un melgacho e, con sorte, algún lumbrigante escondido nos laños.


Outros peixes que tamén estarán presentes son os lorchiños, abadexos, cabras e, por suposto, os lábridos (farros, taberneiros, maragotas ou serráns).

CALA DO REI

CALA DO REI

CALA DO REI
Cala do rei

Cala do rei

00:00
Play Video

as nosas fotos

MÁNDANOS as túas fotos CON ALGO INTERESANTE QUE fotografases neste lugar e AS INCLUIREMOS 

as VosAs

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page