bondañA

Ampla zona de mergullo na costa sur da ría, preto da illa de Toralla, que ten dúas partes ben diferenciadas. O extremo sur do baixo é un denso bosque de laminarias que acada o seu esplendor no verán e no outono. O mergullo entre estes bosques é unha experiencia única que permite observar a cantidade de vida que se pode xerar nalgúns ecosistemas mariños. Enormes congregacións de peixes "voan" sobre a zona, como os bancos de sargos e bogas, mentres que outros, como os farros, os serráns, as maragotas ou os lorchiños, prefiren nadar resgardados por estas grandes algas. Nas rochas ás que están unidas abundan as nécoras, os equinodermos ou os polbos, aínda que é posible atopar algún gran exemplar de raia riscada ou melgacho na zona de area contigua. Gorgonias moradas, esponxas de todas as cores e outras algas máis pequenas, poñen a guinda a unha paisaxe excepcional.

O extremo inferior norte non alberga estas concentracións de laminarias, en cambio, as súas rochas están densamente cubertas con diferentes tipos de esponxas, anémonas, ascidias e briozoos, e incluso poden atopar algunha rosa de mar (aínda que non tan grandes como as que medran en As Raeiras). É unha zona onde se pode observar unha gran diversidade de vida miúda, como múltiples especies de nudibranquios e outros pequenos moluscos de cuncha. Tamén nesta parte é posible atopar algunha raia riscada.
 

as nosas fotos

MÁNDANOS as túas fotos CON ALGO INTERESANTE QUE fotografases neste lugar e AS INCLUIREMOS 

as vosas 

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o  seu uso non autorizado.

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS