as raeiras

Punto situado preto do cabo Estai, que baixa ata uns 28 m. A principal característica deste lugar é que, debido á súa profundidade, as algas son escasas, dando lugar a unha grande abundancia e variedade doutras formas de vida adheridas ás súas rochas, unha paisaxe diferente e chea de cores. Aquí viven especies que non adoitan atoparse noutros puntos de mergullo, especialmente esponxas e gorgonias, como a esponxa de tubo amarela ou as gorgonias amarelas. Tamén atopamos especies que poden estar presentes noutros lugares pero que aquí acadan gran tamaño, como as rosas de mar ou as gorgonias brancas.

O primeiro que chama a atención son as grandes extensións de gorgonia morada, que forman áreas de auténticos "bosques" con altas densidades de exemplares de gran talle. Xunto a estes, tamén hai grandes exemplares de gorgonia branca. Todo un tapiz de diferentes tipos de esponxas, briozoos, ascidias e cnidarios decoran estes interesantes fondos.

Debido á abundancia desta vida de invertebrados nas rochas, é un bo lugar para atopar diferentes tipos de nudibranquios que se alimentan dela.

Aínda que non é o máis rechamante, tamén vagan pintos, maragotas, fanecas ou abadexos, ademais dalgúns serráns e gaiáns. Mais a cantidade de peixe e invertebrados típicos doutros lugares redúcense aquí. Iso si, cando aparece un exemplar de centola, choco ou lumbrigante, adoita ter gran tamaño.
 

as nosas fotos

MÁNDANOS as túas fotos CON ALGO INTERESANTE QUE fotografases neste lugar e AS INCLUIREMOS 

as VosAs

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS