areamilla

É un dos puntos máis frecuentados na costa norte, preto da praia do mesmo nome. Cun baixo de rochas moi espalladas, arredor dos 13 m de profundidade, que da lugar a multitude de cavidades nas que se agochan diversos tipos de invertebrados, especialmente crustáceos e equinodermos, e tamén peixes.

Como todos os puntos pouco profundos da costa norte, presenta grandes extensións de algas diversas que cobren as rochas. Durante a primavera, especialmente as algas vermellas de arpón, aínda que tamén son abundantes as leitugas de mar, os planchíns e os ramallos. A primavera tamén fai que proliferen as borrachas, "pastando" nas algas, así como as parellas de momas, que amosan as cores da época de reprodución e os coloreados machos de serrán que gardan os seus niños.

Durante o verán, ademais dos ramallos, as laminarias son as algas que dominan a paisaxe. Entre elas, abundan exemplares de espirógrafos na corrente e nadando abundan, serráns, fanecas e sargos.


As rochas albergan outros peixes comúns coma os demos, así como pequenas formas de vida que inclúen diferentes tipos de ascidias e nudibranquios.
Nos buratos tamén podemos atopar congros, nécoras e polbos.

 

as nosas fotos

MÁNDANOS as túas fotos CON ALGO INTERESANTE QUE fotografases neste lugar e AS INCLUIREMOS 

as VosAs

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS