Si quieres acceder a los contenidos completos y ver más información e imágenes de los peces y cetáceos de la ría, échale un vistazo a nuestra versión para ordenador.

 

peixes óseoS

Os peixes foron os primeiros vertebrados en aparecer, e despois xurdiron anfibios, réptiles, aves e mamíferos. O feito de ter vivido no mesmo medio durante tantos millóns de anos permitiu unha grande diversidade e cantidade de peixes. Actualmente representan case a metade dos vertebrados do planeta e desenvolveron adaptacións únicas como mudar de sexo, emitir luz ou xerar descargas eléctricas. 

peixes cartilaxinosoS (tiburóns e raias)

A diferenza dos anteriores, o seu esqueleto está formado por cartilaxe. Tamén son moito menos numerosos e diversos, pero os seus sentidos ben desenvolvidos, os seus músculos natatorios e os seus hábitos depredadores sitúanos nunha posición ecolóxica importante dentro da comunidade mariña. 

cetáceoS

Galicia é un punto de paso para moitas especies de cetáceos, pero tamén podemos gozar dunha especie que decidiu establecer o seu lugar de residencia nas nosas rías: o arroaz (golfiño mular), que, aínda que é difícil atopalo durante as inmersións, non é raro velo de lonxe antes ou despois de telas feito. 

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS