CAPÍTULO 5

ALFOMBRAS VERDES : As PRADARÍAS DE ZOSTERA

A AGULLA BRAVA (Syngnathus acus)

Unha estraña mistura entre serpe e cabaliño de mar, a agulla camúflase tan ben entre a vexetación que haberá que ter moi bo ollo para atopala.

- Máis información sobre a agulla brava: AQUÍ

A BORRACHA (Aplysia punctata)

O corpo brando revirase para formar as "orellas" que lle dan o sobrenome de lebre de mar, pero esta lesma está moi lonxe de ter unha aparencia tan familiar.

- Máis información sobre a borracha: AQUÍ

O TROMPO (Calliostoma zizyphinum)

Poucos caramuxos son tan grandes e vistosos. O trompo é un habitual nos fondos superficiais onde atope algas ou plantas que rillar.

- Máis información sobre o trompo: AQUÍ

- Para ver máis fotos de caracois de mar: AQUÍ

O CABALO DE MAR (Hippocampus guttulatus)

Un dos peixes máis cobizados polas mergulladoras. A súa particular silueta e beleza e máis a dificultade de atopalos, converteunos en pequenos tesouros submariños.

- Máis información sobre o cabalo: AQUÍ

O CARALLO DE MAR (Holothuria forskali)

Aínda que é familiar das estrelas de mar e os ourizos, parece un gran verme. O carallo é o varredor dos fondos e o seu papel ecolóxico, moi importante

- Máis información sobre o carallo de mar: AQUÍ

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS