Descubre todas as novidades en
Unha estraña mistura entre serpe e cabaliño de mar, a agulla camúflase tan ben entre a vexetación que haberá que ter moi bo ollo para atopala.
- Máis información sobre a agulla brava: AQUÍ
O corpo brando revirase para formar as "orellas" que lle dan o sobrenome de lebre de mar, pero esta lesma está moi lonxe de ter unha aparencia tan familiar.
- Máis información sobre a borracha: AQUÍ
Poucos caramuxos son tan grandes e vistosos. O trompo é un habitual nos fondos superficiais onde atope algas ou plantas que rillar.
- Máis información sobre o trompo: AQUÍ
- Para ver máis fotos de caracois de mar: AQUÍ
Un dos peixes máis cobizados polas mergulladoras. A súa particular silueta e beleza e máis a dificultade de atopalos, converteunos en pequenos tesouros submariños.
- Máis información sobreo o cabalo: AQUÍ
Aínda que é familiar das estrelas de mar e os ourizos, parece un gran verme. O carallo é o varredor dos fondos e o seu papel ecolóxico, moi importante
- Máis información sobre o carallo de mar: AQUÍ