flec.jpg
 
- ¿Que agardas atopar? - pregunteille
mentres poñíamos as lentes de mergullo
- Non sei... area
- ¿E que máis?
- ¿Hai máis?
Hippocampus guttulatus
Cabalo de mar moteado
NOVIDADE!!
alen.jpg

Xunto con Catro Ventos Editora demos forma a este libro de paisaxes submarinas no que podemos descubrir como é a vida baixo o mar, onde tamén incluímos un repaso ás principais ameazas para a ría no eido ecolóxico e recollemos algúns aspectos importantes para levarmos a cabo un mergullo máis respectuoso co medio natural. 

4v.jpg

alén do azul

o mundo submarino DA RÍA DE VIGO

 

A pesar de estar tan preto, o mar segue a ser un grande descoñecido en moitos aspectos. Un lugar misterioso e profundo, onde non hai fronteiras nin se pode ver o horizonte, onde todo está en constante movemento e a forza da gravidade non ten tanto poder. Con ALÉN DO AZUL querémosvos achegar a este medio completamente diferente ao noso.

Hai lugares únicos que só se poden gozar no mar: mergullar baixo as bateas entre cordas xigantes de mexillón ou entrar en bosques mestos de algas xigantes; e formas de vida sorprendentes e descoñecidas, máis propias doutros planetas, que só atoparemos debaixo da auga, como vermes flor que se agochan en tubos, caranguexos que viven entre tentáculos velenosos ou plumas xigantes que medran na area. Todo isto está aquí, na ría, a poucos metros baixo a superficie.


En ALÉN DO AZUL convidámosvos a percorrer estas profundidades submarinas, para poder sorprendernos coa súa beleza e descubrirmos a grande variedade de vida que acollen.

 

A través de fotografías, ilustracións e códigos QR con vídeos feitos especialmente para este libro, percorreremos as paisaxes que decoran as profundidades destas augas coas súas cores e formas caprichosas e iremos coñecendo aos habitantes que alí atopamos.

CON estE LIBRO...

coÑEceREMoS os animaIs que habitan Nestas aUGas.

Se pensabas que sabías todo sobre animais tan familiares coma o polbo ou a centola, prepárate para descubrir o seu lado máis descoñecido e comproba que non fai falla ir ao Caribe para ver peixes de cores, tiburóns ou cabalos de mar.

A Ría está chea de sorpresas e como as cousas non sempre son o que parecen, invitámosche a descubrir co teu cursor o que se esconde detrás destas fotos.

as anémonas deféndense cos seus tentáculos pegañentos e urticantes, mais ...
o taberneiro é un peixe que semella simpático, pero ...
as lesmas de mar enchen as fotografías coas súas formas e cores vistosas, mais...

e percorreremos algunhas das paisaxes máis características dos fondos da ría.

Aínda que as Illas Cíes levan a fama, o certo é que hai moitos puntos de mergullo en toda a Ría igual de espectaculares. Tanto a costa norte como a sur teñen lugares de grande interese paisaxístico e biolóxico.
Hai fondos de rocha, fondos de area, pecios, bosques de algas ou pradarías de plantas mariñas, que fan da nosa ría un lugar tremendamente diverso e interesante para o mergullo.

Percorre o noso mapa para descubrilos.

 

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

CONTACTA CON NOSOUTRAS 

  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

13 GRADOS sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro 

© 2020  -   13 GRADOS