top of page
PONLLE MÚSICA
trece grados
logo.jpg

13 grados 

FONDO MARINO DES AZU 2.jpg
Trece graos é a temperatura que adoita ter a auga no fondo da ría. Unha temperatura que traen as correntes frías dende as profundidades do océano ata as nosas costas. As mesmas correntes que enchen as augas de nutrientes, permitindo que exista unha grande biodiversidade e que as tinguen da súa característica cor verde. 

Agora, 13 GRADOS tamén nomea unha cooperativa sen fins de lucro dende a que nos dedicamos á divulgación e conservación do medio mariño. A través da educación ambiental amosamos as paisaxes submarinas que abranguen o fondo da ría e os seus habitantes  para coidar de algo tan fascinante e necesario para todas como é o mar. Mergullos virtuais, charlas, obradoiros, safaris de mergullo, exposicións fotográficas... todo serve para achegarte un pouco máis a este gran descoñecido.
Hai tempo descubrimos o mundo que vive alén do azul e dende entón non podemos deixar de visitalo. Queremos amosarvos a vida submarina que se agocha apenas a uns poucos metros de profundidade de nós.
A riqueza dos fondos mariños da nosa ría é unha grande descoñecida. Entender como se desenvolve a vida baixo o mar, o seu delicado e complexo equilibrio, é fundamental para podérmola coidar e gozar máis dela.
Convidámosvos a mergullar neste mundo diferente, para coñecerdes unha realidade paralela que sempre estivo aí, ao noso carón, alén do azul.
ballesta 1.jpg
sargo y mojarra.jpg
sargo y mojarra.jpg
imageedit_7_8544371288.png
imageedit_7_8544371288.png
fanecas.jpg
imageedit_1_6923299703.png
imageedit_1_6923299703.png
imageedit_1_6516971893.png
islote2.jpg
imageedit_1_6009730350.png
imageedit_1_6009730350.png
imageedit_1_6009730350.png
imageedit_11_2942608550.png
imageedit_2_3296265445.png
pulpos.jpg
imageedit_1_6252706222.png
raya.jpg
tapaconas.jpg
imageedit_7_8544371288.png
imageedit_11_2942608550.png
imageedit_11_2942608550.png
qué puedes encontrar

¿QUÉ PUEDEs ENCONTRAR EN ESTA PÁGINA?

Debido al tipo de contenidos que recogemos para enseñaros el mundo submarino de la ría, esta página está especialmente diseñada para visualizar en ordenador, donde podrás encontrar la versión extendida.
Aun así, hemos elaborado esta versión para móvil, con parte de esos contenidos, para que puedas acceder a ellos desde cualquier lugar.
  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon
Nesta páxina todos os contidos que atoparás foron filmados/fotografados nas Rías Baixas, especialmente na ría de Vigo, e son actualizados continuamente co material e os descubrimentos que estamos a facer a partir das nosas inmersións. É por iso que esta é unha páxina viva, que se anovará continuamente, na que tamén podes participar coas fotos ou comentarios que queiras aportar en seccións especialmente deseñadas para iso. 
qué hacemos
alen do azul

Xunto a Catro Ventos Editora démoslle forma a este libro de paisaxes submarinas no que poder descubrir como é a vida baixo o mar, onde incluímos tamén unha revisión das principais ameazas da ría a nivel ecolóxico e recollemos algúns aspectos importantes para realizar un mergullo máis respectuoso co medio.

4v.jpg

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

© Copyright
contacto
bottom of page